• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Curso de Turismo, Educación e Ocio vinculados á Ornitoloxía na Costa Norte de Galicia

Vostede está aquí

Curso de Turismo, Educación e Ocio vinculados á Ornitoloxía

Curso de Turismo, Educación e Ocio vinculados á Ornitoloxía na Costa Norte de Galicia

Do 4 ao 6 de outubro o Concello de Vicedo e o Concello de Mañón organizan o  Curso de Turismo, Educación e Ocio vinculados á Ornitoloxía na Costa Norte de Galicia, coa colaboración do CEIDA e SEO/Birdlife. A actividade está dirixida á mocidade (mozos e mozas de entre 18 a 30 anos) con interese polas aves silvestres en particular e a natureza en xeral, con vontade de iniciarse de maneira activa nas claves do turismo ornitolóxico e na práctica da ornitoloxía como forma de lecer persoal e/ou en familia. 

A inscrición é gratuita e o material preciso para a súa realización será aportado pola organización. As prazas son limitadas. 

Máis información e inscricións:  https://cursoturismoornitoloxico.gal

 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio