• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Descubrindo a Illa e o Castelo de Santa Cruz: visitas guiadas verán

Vostede está aquí

Descubrindo a Illa e o Castelo de Santa Cruz: visitas guiadas verán

Descubrindo a Illa e o Castelo de Santa Cruz: visitas guiadas verán

5 xullo - 2 setembro

A Illa de Santa Cruz conta cun rico patrimonio natural e cultural froito principalmente da súa localización, un illote no interior da Ría da Coruña.

Este rico patrimonio combínase coa peculiar historia do Castelo de Santa Cruz que, ao longo destes catro séculos, foi e é un baluarte de defensa: defensa da cidade da Coruña dos ataques navais; defensa da cultura coa estancia da escritora Emilia Pardo Bazán; defensa social coa organización de colonias de verán para nenos orfos e defensa do medio ambiente a través do CEIDA.

Para dar a coñecer todo este patrimonio natural e histórico, e dentro do programa “Para unha Transición Ecolóxica” que o CEIDA desenvolve xunto á Deputación da Coruña, ofértase un   programa de visitas guiadas   dirixidas a todos os públicos de forma totalmente gratuita durante este verán, que se desenvolverá   desde o martes 5 de xullo ata o venres 2 de setembro.

Dita actividade terá lugar todos os  martes, xoves e venres  en dúas quendas:   ás 10:00 h. e ás 12:00 h.,   e o aforo será limitado a 15 persoas por grupo.

Invitámoste a descubrir e disfrutar das pequenas maravillas que se agochan neste lugar!!

Máis información: No teléfono 981 630 618, ou no correo: educacion@ceida.org

Reservas:   http://www.ceida.org/gl/reserva-visitas-guiadas 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio