• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Ecomenú Literario: Día Mundial do Medio Ambiente 2022

Vostede está aquí

Ecomenú Literario: Día Mundial do Medio Ambiente 2022

Ecomenú Literario: Día Mundial do Medio Ambiente 2022

O vindeiro domingo, 5 de xuño, conmemórase o Día Mundial do Medio Ambiente, unha data moi especial para o CEIDA, mais este ano hai máis motivos que celebrar, porque a actividade de 'Ecomenú Literario' do noso Centro de Documentación Ambiental cumpre un ano! Aproveitando a ocasión, o servizo de documentación ten programada unha nova actividade de lectura en voz alta para saborear a natureza coa carta que iniciou no 2021!

O ecomenú literario é un espazo para a lectura, o diálogo e a reflexión colectiva. Está dirixido a público adulto, e os/as comensais poderán gozar dun menú que foi deseñado para reconectar coa natureza dunha forma diferente, a través da literatura. A actividade deseñouse como unha experiencia piloto, mais debido ao éxito, a entidade decidiu incorporala ao seu programa anual.

A cita terá lugar o vindeiro   5 de xuño, ás 12 h., no xardín do Pazo de Lóngora, actual sede do Centro de Documentación. As  prazas son limitadas e é preciso confirmar a asistencia a través do seguinte   FORMULARIO.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio