• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Ecomenú Literario: Día Mundial do Medio Ambiente 2023

Vostede está aquí

Ecomenú Literario: Día Mundial do Medio Ambiente 2023

Ecomenú Literario: Día Mundial do Medio Ambiente 2023

Prazas limitadas!

O mes de xuño conta cunha efeméride moi especial, o Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño), unha data que o Programa para as Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) leva celebrando dende 1973 como a plataforma mundial máis grande para a divulgación ambiental. Un ano máis, o CEIDA quere sumarse a esta celebración, poñendo este mes de xuño o inicio da tempada da actividade estrela do seu centro de documentación ambiental, o   'Ecomenú Literario: lectura en voz alta para saborear a natureza'.

O Ecomenú Literario é un espazo  para a lectura, o diálogo e a reflexión colectiva. Está dirixido a público adulto, e os/as comensais poderán gozar dun menú preparado para reconectar coa natureza dunha forma diferente, a través da literatura. A actividade, deseñada en 2021 como experiencia piloto, tivo unha magnífica acollida, e dende entón xa van tres anos consecutivos incorporada ao programa anual de actividades.

A cita terá lugar o vindeiro venres    9    de  xuño,  ás 18 h., no    xardín do Pazo de Lóngora.

As  prazas son limitadas polo que é preciso confirmar a asistencia a través do seguinte    FORMULARIO.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio