• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Inauguración da exposición 'A Mar Asoballada'

Vostede está aquí

Inauguración da exposición 'A Mar Asoballada'

Inauguración da exposición 'A Mar Asoballada'

Sala de Exposicións do CEIDA

O venres, 6 de setembro, o CEIDA inaugura a exposición 'A Mar Asoballada', nova proposta artística dos colectivos RetoqueRetro e Mar de Fábula, que nesta ocasión contan tamén coas obras de Ars Ciencia e a súa mostra Mare Plasticum. A mostra é unha proposta conxunta de concienciación ambiental e fonte de inspiración que debera levarnos a un necesario replantexamento de relacións entre a sociedade actual e o mar. Toda a obra incorpora os residuos que o mar nos devolve con maior intensidade: O lixo – principalmente os plásticos- procedentes da descontrolada actividade humana. 

A inauguración terá lugar ás 20 h. na pranta baixa do Castelo de Santa Cruz (Oleiros), e ao finalizar o acto, os/as asistentes serán convidados/as a un viño.

Máis información sobre a exposición e os artistas en:   http://www.ceida.org/gl/educacion-e-divulgacion/a-mar-asoballada

 

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas