• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Inauguración da exposición 'Antropoceno: Arte e Biodiversidade en Escenarios Periurbanos'

Vostede está aquí

Inauguración da exposición 'Antropoceno: Arte e Biodiversidade en Escenarios Periurbanos'

Inauguración da exposición 'Antropoceno: Arte e Biodiversidade en Escenarios Periurbanos'

Sala de Exposicións do CEIDA

O vindeiro martes, 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, o CEIDA inaugura na súa Sala de Exposicións a mostra 'Antropoceno: Arte e Biodiversidade en Escenarios Periurbanos', do artista murciano Eduardo Cortils. 

A mostra, que permanecerá na sede do centro de referencia en educación ambiental ata o 30 de xullo, recolle un total de 30 fotografías realizadas en espazos periurbanos, non necesariamente protexidos, onde a biodiversidade convive de maneira case extraordinaria con moitas actividades humanas. Un total de 130 especies inclúe este proxecto artístico, co que o artista pretende mostrar a convivencia da fauna e as persoas, e como os diferentes usos do solo e dos recursos poden ser compatibles coa protección e respecto aos valores naturais.

A inauguración terá lugar na pranta baixa do Castelo ás 13 h. Durante o acto, o artista explicará o seu proxecto artístico e fará un percorrido guiado polas súas obras. Á finalización da inauguración, os asistentes serán convidados/as a un viño.

Máis información sobre a exposición

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas