• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Inauguración da exposición 'Camiños do silencio' de María Coira

Vostede está aquí

Inauguración da exposición 'Camiños do silencio' de María Coira

Inauguración da exposición 'Camiños do silencio' de María Coira

O vindeiro venres, 23 de novembro, terá lugar na pranta baixa da nosa sede, o Castelo de Santa Cruz (Oleiros) a inauguración da última obra artística de María Coira, despóis de 8 anos de silencio. No acto, que terá lugar ás 20 h., participará tamén o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro coa actividade cultural 'Cata a Arte by D.O.Ribeiro'. Catro bodegas do Concello Regulador (Alberte, Terra do Castelo, Val do Deva e Viña Costeira), ofrecerán os seus viños da man dos propios bodegueiros. Ademáis, para amenizar a velada, contarase coa actuación musical de Eduardo Coma (violín) e Francisco Rosa (guitarra), e dun tradicional magosto.

A entrada ao acto é gratuita, mais todas aquelas persoas interesadas poderán facer unha aportación voluntaria que será integramente doada á Asociación Mar de Fábula a prol da conservación do medio mariño.

A exposición 'Camiños do silencio' poderá visitarse no Castelo de Santa Cruz ata o vindeiro 28 de febreiro de 2019. O horario de visitas é de luns a venres de 9 a 14 h. e sábados de 11 a 14 h.  Máis información sobre a artista e a súa obra

 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio