• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Primeira sesión do Clube das Lecturas Verdes CLOROFILA

Vostede está aquí

Primeira sesión do Club das Lecturas Verdes CLOROFILA

Primeira sesión do Clube das Lecturas Verdes CLOROFILA

Aberta a lista de espera!

O clube de lectura CLOROFILA é unha invitación do noso Centro de Documentación Ambiental para achegarse á natureza a través da literatura. Xa sexa dende a narrativa ou do ensaio, este clube pretende dar a coñecer obras de temática ambiental para explorar o mundo que nos rodea, creando un espazo para a conversa e o intercambio de ideas, unha chamada á acción a través da lectura. Mais CLOROFILA é, sobre todo, un espazo para coñecernos e gozar das lecturas verdes, para o diálogo colectivo, para compartir, para falar de forma distendida e poñer en común temas ambientais e sociais que nos afectan a todos.

Está dirixido a todas aquelas persoas que lles guste ler. Non buscamos un público experto nin comentarios especializados, todo o mundo é benvido!, só precisamos persoas dispostas a compartir con nós as súas impresións tras a lectura das obras propostas.

O grupo de lectura oferta 12 prazas, e en cada convocatoria abriremos as sesións para que as persoas interesadas poidan anotarse e recoller un exemplar do libro, que sempre atopará dispoñible en préstamo na nosa biblioteca verde.

CLOROFILA forma parte do clube de lecturas da Red de Centros de Información e Documentación Ambiental (RECIDA), por iso a maior parte dos títulos están escritos en castelán. Non obstante, trataremos de incluír obras en galego.

A proposta para a estrea deste clube de lectura é:

El sonido de un caracol salvaje al comer, de Elisabeth Tova Bailey (Capitán Swing, 2019).

A data para esta primeira sesión será o martes, 31 de xaneiro, ás 19 horas.

Os libros xa están á vosa disposición na sede do noso Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga, as antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora!

AS PRAZAS PARA PARTICIPAR NA PRIMEIRA SESIÓN XA ESTÁN CUBERTAS, MAIS ABRIMOS LISTA DE ESPERA.

Se estás interesado/a en participar, apúntante a través do seguinte  FORMULARIO.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio