• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Reapertura do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga

Vostede está aquí

Reapertura do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga

Reapertura do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga

A partir do luns, 15 de xuño, as instalacións do CEIDA abren de novo ao público e, entre eles, reactívanse todos os servizos do Centro de Documentación Ambiental que quedaron suspendidos durante o estado de alarma. As persoas interesadas en consultar documentación ou levar materias en préstamo, deberá ter en conta que:

  • O acceso directo ás estanterías estará limitado ao persoal do centro, que se encargará de servir os materiais, preferentemente con solicitude ou reserva previa, aínda que tamén poderán solicitarse directamente en sala.
  • Os préstamos realizados antes da declaración do estado de alarma serán adiados ao vindeiro 22 de xuño, mais agradecemos ás persoas que teñen materiais na casa, que procedan á súa devolución en canto lles sexa posible.
  • Co fin de garantir a seguridade deste servizo, o CEIDA tomará todas as medidas necesarias entre cada período de préstamo, depositando en corentena os documentos devoltos durante 14 días, asegurando así a súa desinfección.
  • Os postos de lectura e o catálogo serán desinfectados despóis de cada uso.
  • Para o acceso ás instalacións, será obrigatorio o uso de máscara, e proporcionarase xel hidroalcohólico na entrada e zonas comúns.
  • A distancia de seguridade deberá respectarse nas salas de espera, que estará debidamente sinalizada.
  • O horario de apertura será de luns a venres de 9 a 14 h.

Calquera dúbida ou consulta, ou reserva de materiais, pode realizarse en:  documentacion@ceida.org - 981 630 618.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio