• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

AmbientalMente Sustentable, vol 25, número 2 (2018)

Vostede está aquí

AmbientalMente Sustentable, vol 25, número 2 (2018)

Educación Ambiental dende unha mirada ecosocial

O movemento educativo que relaciona aspectos socias e ambientais para colaborar na formación dunha cidadanía global, ecolóxicamente responsable e socialmente xusta, ven denominándose como Educación Ambiental. Os novos escenarios internacionais borran do discurso hexemónico a Educación Ambiental como referencia, e buscan e crean alternativas ás veces de dubidoso avance. O discurso da sostenibilidade tan débil como maleable non logra destronar ao xa maduro movemento educativo.

A Educación Ambiental existe porque hai colectivos que resisten. Grupos de mestras e mestres nas escolas, profesorado e alumnado nas universidades, políticos e políticas nas administracións locais e nacionais, organizacións sociais nos municipios, organizacións internacionais nos debates... e moitas persoas no día a día que demostran a necesidadee dunha educación comprometida coas persoas e co ambiente, lonxe de modelos desenvolvistas que minan as posibilidades dun desenvolvemento humano xusto e equitativo.

Neste número de ambientalMENTE sustentable ofrecemos reflexións, retos e propostas para impulsar políticas públicas de Educación Ambiental, prácticas comprometidas e transformacións desde o local cunha perspectiva global. O Planeta Terra merece, as persoas tamén.

 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio