• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

AmbientalMente Sustentable, Vol. 27 Núm. 1 (2020)

Vostede está aquí

AmbientalMente Sustentable, Vol. 27 Núm. 1 (2020)

Pasado, presente e futuro da Educación Ambiental

En plena pandemia sae á luz este novo número e quixemos ter unha mirada desde a Educación Ambiental á situación actual de crise ecolóxica e sanitaria; esta vez a mirada ven desde o Brasil. Mais non renunciamos a ter unha mirada máis poliédrica e desde certa distancia, polo que queremos pechar o ano adicando un monográfico ao Covid-19 desde a perspectiva da Educación Ambiental e da lusofonía.

Pasado, presente e futuro da Educación Ambiental recolle varias porpostas metodolóxicas para saber de onde vimos e propoñer cara a donde imos. O segundo artigo é unha historia da Educación Ambiental na Catalunya vista desde dentro, vinculada á xestión, primeiro de Espazos Naturais Protexidos e na última década, desde unha perspectiva máis global, complexa e interrelacionada e, sen perder a mirada estatal e internacional: unha interesante porposta de recollida para ir sumando as historias locais e confeccionar esa historia común. Para o presente e de cara o futuro recollemos dúas aportacións que entenden a Educación Ambiental como un instrumento político para o cambio da sociedade actual, de cara a perspectivas ecosociais: un artigo desde Brasil que é unha guía metodolóxica para favorecer os cambios e un artigo desde un movemento de ciberactivismo español que mostra as inmensas posibilidades que ofrece a web 2.0 para actuar de forma coordinada.

Para rematar, a revista recolle experiencias que mostran que outro mundo é posible, a través da divulgación e a participación social, a través do coñecemento e do compromiso, a través da implicación local para a transformación global.

 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio