REDE GALEGA DE RESERVAS DA BIOSFERA | CEIDA

REDE GALEGA DE RESERVAS DA BIOSFERA

Durante os anos 2014 e 2015, o CEIDA co apoio da Fundación Biodiversidad, do Ministerio Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, estivo a traballar na creación dun Grupo de Traballo que aglutinara ás Reservas da Biosfera de Galicia. Galicia conta con 6 Reservas da Biosfera que representan o 25% do territorio da Comunidade Autónoma. Ademáis, unha delas é interautonómica (con Asturias) e outra internacional (con Portugal). Forman parte delas unha gran cantidade de espazos naturais protexidos pertencentes á Rede Natura 2000, incluíndo ZECs y ZEPAs, así como varios Monumentos Naturais e espazos protexidos por outras figuras de conservación internacionais (RAMSAR).

Plantexamos a creación dun Grupo de Traballo co obxectivo de fortalecer a xestión das Reservas e, en particular, das súas zonas núcleo. Para elo, durante este tempo, se fixeron varias reunión cos responsables políticos e técnicos das 6 Reservas da Biosfera, nas que se analizaron temas como:

- A situación real de cada Reserva da Biosfera.
- As súas carencias e problemas
- As súas posibles aportacións ao Grupo de Traballo.

Todo este traballo foi acompañado dun proceso de comunicación, educación e sensibilización pública que permitiu incrementar a visibilidade das Reservas para intentar así conseguir un maior apoio social ás mesmas, a través dos axentes dinamizadores do territorio, da comunidade educativa e dos propios órganos de participación das Reservas.

Por outra banda, levouse a cabo un programa formativo que foi ofertado tanto ao persoal técnico da Reserva como a toda a poboación en xeral. Estes cursos, orientados a aumentar o grado de coñecemento dos valores do territorio, convertéronse nunha ferramenta indispensable para promover cambios de comportamento na poboación, buscando sempre o equilibrio entre o desenvolvemento socioeconómico dos territorios e os obxectivos de conservación.

Webs das seis Reservas da Biosfera Galegas

  • Reserva da Biosfera Terras do Miño
  • Reserva da Biosfera Área de Allariz
  • Reserva da Biosfera Ancares Lucenses
  • Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras do Bourón
  • Reserva da Biosfera Gerês-Xurés
  • Reserva da Biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
  • Consulta a información do proxecto fenolóxico