Proxecto fenolóxico | CEIDA

Proxecto fenolóxico

PROGRAMA DE PARTICIPACIÓN AMBIENTAL
O SEGUIMENTO FENOLÓXICO E DO ESTADO DA BIODIVERSIDADE NAS RESERVAS DA BIOSFERA DE GALICIA

Co apoio da
Fundación Biodiversidad, do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente

Presentación do proxecto
O proxecto ten como marco territorial as seis Reservas da Biosfera de Galicia e está deseñado co obxectivo de contribuir á conservación da biodiversidade nestes territorios. Baseado no Programa de Seguimento Fenolóxico da Rede Española de Reservas da Biosfera, que busca o seguimento dos cambios ecolóxicos e de comportamento de especies indicadoras en toda a Península, agrupadas en tres grandes grupos:

- Aves
- Vexetación
- Invertebrados

O programa pretende mellorar o coñecemento sobre estas especies a través do seguimento fenolóxico de especies comúns de flora e fauna, mediante un programa de formación e participación cidadá que empodere e axude ás persoas que habitan nestes territorios e aos seus visitantes como potenciais e necesarios informadores.

Documentos

  • O Programa de Particición Ambiental: Descrición, Obxectivos e Actuacións
  • Folla de Ruta para o desenvolvemento do proxecto
  • Manual do Programa de Seguimento Fenolóxico da Rede Española de Reservas da Biosfera
  • Caderno didáctico do Programa de Seguimento Fenolóxico da Rede Española de Reservas da Biosfera
  • Guía de Recursos para o profesorado sobre As Reservas da Biosfera de Galicia
  • Acordo de adhesión ao programa para os centros educativos
  • Web da plataforma de introdución dos datos fenolóxicos
  • Formulario de solicitude das Maletas Viaxeiras