Xa está dispoñible na páxina web o último número do Boletín de Novidades editado polo Centro de Documentación do CEIDA. Este mes está adicado ao enxeñeiro de montes galego Rafael Areses, que salientou polo seu compromiso no estudo e divulgación da riqueza forestal de Galicia. Pódense consultar os números anteriores na sección de Publicacións.
Aberta a inscrición para estas xornadas que terán lugar no Castelo de Santa Cruz (Oleiros). O día 11 de marzo desenvolverase o Bloque 1 "Os concellos ante o cambio climático" e ao día seguinte tratarase o Bloque 2 "Educación, Comunicación e Participación fronte o cambio climático". Máis información e inscricións aquí
Actualizado o caderno de actividades didácticas para educación secundaria que acompaña a exposición sobre cambio climático. Caderno. Exposición
Aberto o prazo de inscrición para este seminario que terá lugar os días 2, 3 e 4 de marzo no Castelo de Santa Cruz (Oleiros). Máis información e inscricións aquí
Xa está dispoñible na páxina web o último número do Boletín de Novidades editado polo Centro de Documentación do CEIDA. Este mes está adicado á Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO), organismo que leva 65 anos axundando aos países en desenvolvemento e aos países en transición a mellorar as súas actividades agrícolas, forestais e pesqueiras, co obxectivo principal de erradicar a fame no mundo. Pódense consultar os números anteriores na sección de Publicacións.
Publicadas as actividades temporais asociadas a este programa de educación dirixido a centros de Primaria, Secundaria e Bacharelato de toda Galicia. Máis información aquí
Xa está dispoñible o último número do Boletín informativo Amares, especializado en medio mariño. Pódense consultar os números anteriores na sección de Publicacións.
O Centro de Documentación do CEIDA, Domingo Quiroga, organiza para o vindeiro mes de xullo un ciclo de cine ambiental Carteleira
O CEIDA e GADISA celebran o Día do Medio Ambiente coa edición dun folleto informativo sobre o cambio climático. Repartiranse folletos en todos os puntos de venta da distribuidora galega. Máis información Folleto
O CEIDA comprácese en convidar a Vde. á inauguración da exposición "Unha ollada natural. Ilustracións de Calros Silvar" que terá lugar o vindeiro xoves, 4 de xuño, ás 20.00 horas no Castelo de Santa Cruz (Oleiros). Prégase confirmar asistencia no tlf. 981 630 618. Invitación. Máis información