Novidades | CEIDA

Novidades

Gobernanza e Toma de Decisións. Módulo 6 Curso Básico de Facilitación de Grupos

7 Abril, 2017 - 11:48

O CEIDA acaba de abrir a inscrición para o sexto módulo do Curso Básico de Facilitación de Grupos, centrado na Gobernanza e Toma de Decisións, e que terá lugar do 28 ao 30 de abril. As prazas son limitadas. Máis información

Apúntate á compostaxe: guía de recursos documentais para centros educativos

29 Marzo, 2017 - 10:46

O Centro de Documentación Ambiental do CEIDA acaba de elaborar unha nova guía de recursos documentais dirixida á comunidade educativa dentro do proxecto Revitaliza da Deputación de Pontevedra. A publicación recolle materiais técnicos para o profesorado, recursos didácticos para traballar cos alumnos/as, vídeos e xogos interactivos sobre os residuos sólidos urbanos e, máis concretamente, sobre a compostaxe. Máis información

Exposición Vermes mariños baixo a lupa

27 Marzo, 2017 - 09:26

Do 28 de marzo ao 30 de abril de 2017 o CEIDA acolle a exposición didáctica 'Vermes baixo a lupa', de Julio Parapar e Óscar García Álvarez. A mostra tenta achegar ao público en xeral a diversidade morfolóxica dos vermes mariños ou Poliquetos, un grupo de invertebrados moi pouco coñecidos, pois habitualmente pasan desapercibidos, debido tanto ao seu pequeno tamaño como por pasar a súa vida agochados entre as algas ou o sedimento. Máis información

V Obradoiro Técnicas Básicas de Debuxo da Natureza

23 Marzo, 2017 - 10:06

Os vindeiros sábados 6 e 13 de maio o CEIDA organiza a V edición do Obradoiro Técnicas Básicas de Debuxo de Natureza, impartido polo ilustrador galego Calros Silvar. A inscrición xa está aberta e as prazas son limitadas. Máis información

As Árbores da Illa de Santa Cruz: Roteiro interpretativo - Día da Árbore 2017

16 Marzo, 2017 - 09:45

O vindeiro martes, 21 de marzo, conmemórase o Día Forestal Mundial, e para celebralo, o CEIDA organiza un roteiro guiado para coñecer as árbores do xardín da Illa de Santa Cruz. A actividade, dirixida a todos os públicos, terá lugar ás 12.30 h. e as prazas son limitadas. Os interesados/as deben confirmar asistencia no correo-e educacion@ceida.org ou no teléfono 981 630 618.

+ que Residuos: Xornada A Economía Social na Xestión Municipal dos Residuos

10 Marzo, 2017 - 08:33

O vindeiro xoves, 6 de abril, o Concello da Coruña, en colaboración co Consorcio das Mariñas e o CEIDA, organiza a Xornada '+ que Residuos: Xornada A Economía Social na Xestión dos Residuos', co obxectivo de dar a coñecer os procedementos administrativos para a contratación da xestión dos residuos sólidos urbanos por empresas de economía social, compartir experiencias exitosas, e contribuir á creación de emprego e empoderamento social dos colectivos en risco de exclusión social mediante o fomento de iniciativas de xestión dos residuos da cidade. A inscrición xa está aberta e as prazas son limitadas. Máis información

Do individual ao colectivo. A xestión das emocións nos grupos . Módulo 5 Curso Básico de Facilitación de Grupos

22 Febreiro, 2017 - 11:08

Xa está aberta a inscrición para o módulo 5 do Curso Básico de Facilitación de Grupos, centrado na xestión das emocións nos grupos, que terá lugar do 24 ao 26 de marzo de 2017. As prazas son limitadas. Máis información

'El Secreto del Bosque' en Butaca Verde

20 Febreiro, 2017 - 10:41

O CEIDA acaba de incorporar ao seu Ciclo de Cine Ambiental Butaca Verde a película ‘El Secreto del Bosque’ da ONG ambientalista Ecoguinea e a produtora galega Waka Films, un documental de natureza rodado íntegramente en Guinea Ecuatorial e que conforma, xunto a outros países da zona da Cunca do río Congo, unha das poucas selvas virxes que quedan no mundo. Con esta xa son 16 as películas que o CEIDA ofrece en préstamo a todas as entidades que dispoñan dun espazo habilitado para a súa proxeción. Máis información

Curso de Introdución ao Estudo dos Micromamíferos: manexo e metodoloxías prácticas

17 Febreiro, 2017 - 08:04

Do 21 ao 23 de abril o CEIDA e Biolearn organizan o Curso de Introdución ao Estudo dos Micromamíferos, co fin de introducir ao manexo das diversas metodoloxías empregadas no estudo deste grupo de animais. A inscrición xa está aberta e as prazas son limitadas. Máis información

Ecoloxía Emocional: Salvagarda da fauna silvestre no século XXI

15 Febreiro, 2017 - 09:49

O vindeiro sábado, 18 de marzo, terá lugar na sede do CEIDA o Obradoiro 'Ecoloxía Emocional: Salvagarda da fauna silvestre no século XXI', baseado no libro 'Beatriz y la loba' de Concha López Llamas, e que pretende reflexionar sobre as causas da perda de biodiversidade, revisar a relación clásica do ser humano e a natureza, e dar a coñecer as distintas visións do ecofeminismo como ferramenta para a conservación da diversidade biolóxica. A inscrición xa está aberta. Máis información