Novidades | CEIDA

Novidades

Humidais sans, xente sa: protexer as Brañas de Sada

21 Xaneiro, 2008 - 11:49

O sábado 9 de febreiro terá lugar esta xornada na casa da cultura Pintor Lloréns de Sada. Máis información. Cartaz.

II foro galego de educadoras e educadores ambientais

18 Xaneiro, 2008 - 18:31

O CEIDA, a Sociedade Galega de Educación Ambiental e a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible organizan este II foro. Máis información. Inscrición.

Cursos condución eficiente

11 Xaneiro, 2008 - 15:47

O CEIDA e a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible en colaboración coa Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo (FAIMEVI ) e a Axencia Enerxética Provincial da Coruña ( FAEPAC ) desenvolven unha campaña de condución eficiente financiada polo Instituto Enerxético de Galicia (INEGA). Máis información. Inscrición entidades. Inscrición particulares.

Boletín informativo

30 Decembro, 2007 - 12:40

O CEIDA estrea boletín informativo. Neste primeiro número atoparás actividades, unha entrevista a José Luís García Lorenzo, presidente de Greenpeace España, unha relación de boas prácticas para o Nadal e un breve apuntamento dedicado a Chico Mendes. Pódese descargar da sección de publicacións do menú da dereita.

Climántica

22 Outubro, 2007 - 07:47

Climántica é o novo proxecto de educación ambiental da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible en colaboración coa Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

O CEIDA participa no proxecto SEREA

22 Outubro, 2007 - 07:29

O CEIDA participa como socio no Proxecto SEREA -Seaside Reorientation Activities, presentado polo Centro Tecnolóxico del Mar- Fundación CETMAR, dentro das Medidas Innovadoras financiadas en virtude do artículo 6 do Reglamento do Fondo Social Europeo, "Enfoques innovadores na Xestión do Cambio". Os días 6 e 7 de novembro tivo lugar en Vigo, na sede do CETMAR a primeira Reunión dos Socios do Proxecto. Para máis información descarga o resumo do proxecto.