Novidades | CEIDA

Novidades

Resolución de conflitos. Habilidades e metahabilidades para facilitar en equipos e organizacións. Módulo 6 Curso Facilitación

10 Marzo, 2016 - 10:33

Do 1 ao 3 de abril de 2016 terá lugar o módulo 6 do Curso Anual de Xestión e Facilitación de Grupos: Resolución de conflitos. Habilidades e metahabilidades para facilitar en equipos e organizacións. A matrícula xa está aberta. Máis información

Curso de Introdución ao Estudo dos Micromamíferos: manexo e metodoloxías prácticas

3 Marzo, 2016 - 12:07

Do 8 ao 10 de abril o CEIDA e Biolearn, en colaboración coa Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, organizan o Curso de Introdución ao Estudo de Micromamíferos: manexo e metodoloxías prácticas, que pretende introducir ao manexo das diversas metodoloxías utilizadas para o estudo de micromamíferos. Máis información

Xornada Actuacións no litoral da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

29 Febreiro, 2016 - 11:36

O vindeiro 9 de marzo a Sociedade Galega de Ornitoloxía, en colaboración co CEIDA, a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, o Grupo Naturalista Hábitat, e a Sociedade Galega de Historia Natural, organizan a Xornada Actuacións no litoral da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Máis información

As aves na reserva da biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

16 Febreiro, 2016 - 13:45

Os vindeiros 26 e 27 de febreiro o CEIDA, a Sociedade Galega de Ornitoloxía e a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo organizan unha Xornada de Iniciación ás Aves da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas, dentro dun ciclo de xornadas que se desenvolverán nas Reservas da Biosfera de Galicia e que terán lugar ao longo deste ano. Máis información

Teléfono fóra de servizo - XA OPERATIVO!

15 Febreiro, 2016 - 08:56

Por causas do temporal desta fin de semana, o teléfono do CEIDA (981 630 618) se atopa fóra de servizo. Se algunha persoa necesita contactar con nós, pode facelo a través do correo-e ceida@ceida.org ou no móbil 638 169 316. Desculpen as molestias.

Curso de Iniciación á Macrofotografía

5 Febreiro, 2016 - 11:18

Os vindeiros 11 e 12 de marzo o CEIDA organiza un Curso de Iniciación á Macrofotografía, impartido polo fotógrafo de natureza Fran Nieto, que pretende dar a coñecer os conceptos básicos de fotografía necesarios para a especialidade de macro, así como os máis específicos para empregar esta especialidade. Non son necesarios coñecementos previos de fotografía. Máis información

Do individual ao colectivo. A xestión das emocións nos grupos . Módulo 5 do Curso Anual de Xestión e Facilitación de Grupos

2 Febreiro, 2016 - 10:04

Do 19 ao 21 de febreiro de 2016 terá lugar o módulo 5 do Curso Anual de Xestión e Facilitación de Grupos: Do individual ao colectivo. A xestión das emocións nos grupos. A matrícula xa está aberta. Máis información

Exposición Illas Malvinas: natureza e pesca

29 Xaneiro, 2016 - 10:45

Do 1 de febreiro ao 31 de marzo de 2016, a Sala de Exposicións do CEIDA acolle a mostra fotográfica Illas Malvinas: natureza e pesca, do autor Fernando Anido Pedreira, unha colección de instantáneas que pretenden amosar o medio no que traballan os pescadores das Illas Malvinas e toda a vida que os rodea. Máis información

Curso Online Básico de Interpretación do Patrimonio (16ª edición)

27 Xaneiro, 2016 - 10:21

O CEIDA acaba de abrir o prazo de inscrición para a súa 16ª edición do Curso Básico Online de Interpretación do Patrimonio, organizado coa Asociación para la Interpretación del Patrimonio (AIP) e impartido por Ambientarte, que terá lugar do 22 de febreiro ao 25 de marzo de 2016. Máis información

A comunicación como proceso de aprendizaxe grupal - Módulo 4 do Curso Anual de Xestión e Facilitación de Grupos

11 Xaneiro, 2016 - 10:19

Do 15 ao 17 de xaneiro de 2016 terá lugar o módulo 4 do Curso Anual de Xestión e Facilitación de Grupos: A comunicación como proceso de aprendizaxe grupal. A matrícula xa está aberta. Máis información