Novidades | CEIDA

Novidades

Curso de Introdución ao Estudo de Ungulados: metodoloxías de mostraxe

17 Decembro, 2015 - 12:19

Do 25 ao 27 de febreiro o CEIDA e Biolearn, en colaboración coa Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, organizan o Curso de Introdución ao Estudo de Ungulados: metodoloxías de mostraxe, que pretende dar a coñecer as especies de ungulados presentes en Galicia e o seu papel ecolóxico no medio, así como dotar aos alumnos e alumnas dunhas competencias básicas nas metodoloxías de mostraxe, e na identificación dos rastros destes animais de cara á súa aplicación en estudos científicos ou técnicos. Máis información

VII Congreso de Educación Ambiental dos Centros de Ensino da Provincia da Coruña

17 Decembro, 2015 - 12:02

Un ano máis, o CEIDA está a traballar no VII Congreso de Educación Ambiental dos Centros de Ensino da Provincia da Coruña, "Espazos para conservar. Defendamos o noso patrimonio natural", con patrocinio da Deputación da Coruña. Un dos obxectivos deste programa é incentivar a realización de proxectos de educación ambiental que brinden ao alumnado e a toda a comunidade educativa a posibilidade de descubrir e valorar o Patrimonio Natural de Galicia. Máis información

Creatividade, traballo en equipo e desenvolvemento de proxectos - Módulo 3 do Curso Anual de Xestión e Facilitación de Grupos

26 Novembro, 2015 - 12:35

Do 11 ao 13 de decembro de 2015 terá lugar o módulo 3 do Curso Anual de Xestión e Facilitación de Grupos: Creatividade, traballo en equipo e desenvolvemento de proxectos. A matrícula xa está aberta. Máis información

Xornada Balance da Traxectoria do GAC Nº2 Golfo Ártabro: Perspectivas de futuro para o territorio

13 Novembro, 2015 - 11:13

Os vindeiros 23 e 24 de novembro o GAC Golfo Ártabro e o CEIDA organizan unha xornada para presentar o balance da traxectoria da entidade e analizar as perspectivas de futuro. A actividade contará cun proceso participativo dirixido ás xentes do mar e público xeral interesado na actividade do grupo de acción costeira como axente de refencia no territorio. Máis información

Inauguración da exposición colectiva Outono Fotográfico 2015

4 Novembro, 2015 - 13:04

O Outono Fotográfico é o Festival Galego de Fotografía que chega neste 2015 á súa 33ª edición. Un ano máis, o certame conta coa colaboración de Instantes, Festival de Fotografia de Avintes, e trae ao CEIDA unha exposición colectiva de Ana Robles, Pereira Lopes e Henrique Zorzan. A inauguración terá lugar o vindeiro venres, 6 de novembro, ás 19.30 h. na Sala de Exposicións do CEIDA. Máis información

Gobernanza e Toma de Decisións - Módulo 2 do Curso Anual de Xestión e Facilitación de Grupos

29 Outubro, 2015 - 10:14

Do 13 ao 14 de novembro de 2015 terá lugar o módulo 2 do Curso Anual de Xestión e Facilitación de Grupos: Gobernanza e Toma de Decisións. A matrícula xa está aberta. Máis información

Curso-Obradoiro Metodoloxía para a Interpretación do Patrimonio

21 Outubro, 2015 - 12:31

Do 26 ao 29 de novembro terá lugar na sede do CEIDA o Curso-Obradoiro Metodoloxía para a Interpretación do Patrimonio: Procedementos e técnicas de comunicación para achegar o patrimonio natural e cultural ao público non-cautivo, impartido por Jorge Morales, co obxectivo de dar a coñecer os novos enfoques e actualizacións da interpretación como estratexia de comunicación do patrimonio natural e cultural en entornos non formais. Máis información

Xornadas Abandono e Adopción en Galicia

8 Outubro, 2015 - 08:18

Co obxectivo de dar a coñecer a problemática do abandono de animais e promover a adopción, o vindeiro sábado 31 de outubro, a Asociación Protectora de Animais APADAN e o CEIDA organizan as I Xornadas “Abandono e Adopción en Galicia". Máis información

Foro A perspectiva local na xestión do medio ambiente e dos espazos naturais

6 Outubro, 2015 - 09:49

O vindeiro xoves 22 de outubro o CEIDA e a Deputación da Coruña organizan o Foro 'A perspectiva local na xestión do medio ambiente e dos espazos naturais' que pretende crear un espazo de punto de encontro para dar a coñecer o que se está a facer nos distintos concellos, onde existen exemplos de boas prácticas na xestión ambiental desenvoltas tanto polas administracións, entidades sen ánimo de lucro, empresas etc. Máis información

Horario de inverno

1 Outubro, 2015 - 06:25

Dende o 1 de outubro de 2015 ao 31 de marzo de 2016 o Castelo de Santa Cruz, sede do CEIDA, muda o seu horario de apertura. Poderá visitarse en horario de mañá, de luns a venres de 9 a 14 h. e sábados de 11 a 14 h., así que todos os servizos que o CEIDA ofrece serán atendidos en este novo horario de inverno.