Olladas críticas sobre a Paisaxe | CEIDA

Olladas críticas sobre a Paisaxe

O CEIDA participa en Olladas críticas sobre a Paisaxe, evento organizado polo Consello da Cultura Galega que se celebrará os vindeiros 8 e 9 de maio na sede santiaguesa desta institución. Así, Carlos Vales, director do CEIDA, actuará como retrucante da ponencia 'A ecoloxía da paisaxe', pronunciada polo Catedrático de Ecoloxía da Universidade Complutense de Madrid, Francisco Díaz Pineda.