O vindeiro domingo 16 de outubro ás 10 h. no Paseo Marítimo (Casa da Cultura, Sada) terá lugar a 1ª Carreira da Auga, organizada polo Concello de Sada. Os fondos recadados destinaranse á campaña GOTAS PARA NÍGER, de UNICEF.
As categorías dos corredores serán as seguintes:
Carreira de nenos: ás 10 h., que percorrerán unha distancia de entre 100/700 metros. Prezo: 2€;
Andaina popular: ás 11.15 h., cun percorrido de 2.800 metros. Prezo: 3€;
Carreira adultos: ás 12 h., cun percorrido de 10.000 metros. Prezo: 3€ sen chip.
A inscrición estará aberta ata o xoves 13 de outubro e poderá facerse para todas as categorías na web www.championchipnorte.com ou ben en Decathlon Oleiros. Cartel divulgativo