Inauguración da exposición 'Metamorfose do Bosque Atlántico' | CEIDA

Inauguración da exposición 'Metamorfose do Bosque Atlántico'

O vindeiro venres 5 de maio, ás 20 h., terá lugar na Sala de Exposicións do CEIDA a inauguración da exposición ‘Metamofose do Bosque Atlántico’ do escultor coruñés Pancho Castelo (http://www.panchocastelo.com), que recolle máis de 40 obras realizadas con ‘creba milenaria’ ou madeira recollida nas praias e bosques do noroeste peninsular. No acto estarán presentes Dona. Mª Esther Garrido, Concelleira de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Oleiros; D. Carlos Vales, director do CEIDA; ademáis do propio artista, e contará coa interpretación do dúo de música clásica de Candela Tellado (contrabaixo) e María Tejeiro (flauta). Ao final da xornada convidarase aos asistentes cun viño. Máis información