Foro Humboldt Coruña: unha oportunidade para reflexionar sobre o Medio Ambiente | CEIDA

Foro Humboldt Coruña: unha oportunidade para reflexionar sobre o Medio Ambiente

O vindeiro 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, terá lugar o Foro Humboldt Coruña, unha iniciativa do Concello da Coruña e a Universidade da Coruña, en colaboración co CEIDA. O Foro constitúese como un ámbito de estudo e debate impulsado por institucións da comarca coruñesa que sitúa como referencia a figura do científico Alexander von Humboldt, co fin de converterse nunha ferramenta capaz de contribuír a comprender e afrontar os retos do presente e do futuro a través da Ciencia, Humanismo, Medio Ambiente e Educación. Máis información