Outras publicacións | CEIDA

Outras publicacións



Guía do Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes

Guía do Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes. Oleiros: Concello de Oleiros, DL 2009. 76 p.
Monumento natural Dexo Serantes

Terra e mar combínanse na costa de Dexo-Serantes dando como resultado a existencia de fermosas paisaxes cheas de vida e nas que se reúnen destacados trazos xeomorfolóxicos e relevantes elementos de flora e fauna.
A paisaxe é o recurso por excelencia deste espazo natural do concello de Oleiros, que, xunto á súa riqueza biolóxica, fixeron que se declarase esta costa Monumento Natural no ano 2000.
O obxectivo desta guía é axudar non só ao coñecemento e desfrute deste espectacular lugar, senón tamén ao coidado dos seus valores e á persistencia destes no tempo.

Prezo: 6 €

Uso público e interpretación del patrimonio natural y cultural

MORALES MIRANDA, J. (rev. ). Uso público e interpretación del patrimonio natural y cultural: Ponencias de las Jornadas de Uso Público en Espacios Naturales Protegidos y Difusión del Patrimonio Cultural. Sevilla, marzo de 2007. [Pamplona]: Asociación para la Interpretación del Patrimonio, DL 2008. 219 p.
Uso publico

A experiencia acumulada sobre o uso público durante a última década, nas súas diferentes facetas (planificación, xestión, equipamentos, comunicación e participación,...) permitiron elaborar unha serie de modelos de referencia a partir dos que se desenvolven diferentes accións nos espacios naturais protexidos e en ámbitos particulares do patrimonio cultural.
Sobre este enunciado leváronse a cabo en marzo de 2007 as I Xornadas de Uso Público en Espacios Naturais Protexidos e Difusión do Patrimonio Cultural, cuxos contidos dan forma a esta edición.

Prezo: 20 €

La pesca de bajura: Situación en 2007 y perspectivas para una orientación sostenible

SEREA. La pesca de bajura: Situación en 2007 y perspectivas para una orientación sostenible. [Pontevedra]: Fundación CETMAR, DL 2010.
Libro SEREA

Traballo que presenta unha recompilación dos estudos conducidos polo proxecto SEREA en Galicia, Bretaña e Cerdeña. Divídese en tres partes: unha primeira que ten o obxectivo de caracterizar a situación da pesca de baixura e e plantexar a súa orientación cara á sustentabilidade; unha segunda, que recolle o diagnóstico das necesidades formativas para a realización de actividades complementarias como a alfabetización dixital do sector; e unha última, que finaliza cun informe de boas prácticas para a pesca de baixura e o marisqueo.

Vertebrados da Limia

VILLARINO, Antonio; Serafín GONZÁLEZ; Felipe BÁRCENA. Vertebrados da Limia: Dende a lagoa de Antela ós nosos días. [Ourense]: Limaia, 2002. 302 p. Vol. 1. Aves: Gaviiiformes a Piciformes. ISBN: 84-607-5811-7
Imaxe da publicación

Primeiro volume de tres pertencente á serie Vertebrados da Limia que mostra a fauna de vertebrados da comarca da Limia (Ourense), antes da desecación da laguna de Antela, e despois dela, dando como resultado unha grande obra da conservación da natureza en Galicia.

Prezo: 25 €.

Interpretación del patrimonio

TILDEN, Freeman. La interpretación de nuestro patrimonio. 1ª ed. en castelán. [Navarra]: Asociación para la Interpretación del Patrimonio, cop. 2006. 176 p. ISBN: 84-611-0689-X
Imaxe da publicación

Peza fundamental para todas aquelas persoas que se dedican profesionalmente á interpretación do patrimonio, que sentou as bases da interpretación nos anos cincuenta (edición orixinal) e que, aínda hoxe, o seu conxunto de ideas e principios se consideran de lectura obrigatoria.

Prezo: 20 €.