VALES, C. (coord.). A xestión do litoral. Liáns (Oleiros): CEIDA, DL 2009. (Documentos para a Educación Ambiental do CEIDA; 3). 111 p.

Galicia ten unha costa moi extensa se a comparamos coa superficie total do seu territorio, e moita da poboación galega ten unha relación directa ou indirecta con ela. Actividades económicas, espazos simbólicos, núcleos de poboación... todo un entramado socio-económico e cultural relacionado co mar que teñen un impacto ambiental enorme. Axudar a entender os procesos e conflitos existentes coa xestión do litoral é o obxectivo deste libro, que recolle aportacións diversas e puntos de vista que foron presentados nas Xornadas sobre a Xestión do Litoral organizadas polo CEIDA en abril do 2007.
Prezo: 15 €