AmbientalMente Sustentable número 8 | CEIDA

AmbientalMente Sustentable número 8



AmbientalMENTEsustentable. Xullo - Decembro 2009. Ano IV. Vol II, núm. 8

Imaxe da exposición

Este número recolle novas miradas e reflexións sobre o ámbito da educación ambiental cun sesgo máis histórico e de recapitulación sobre o moito xa feito. O número 8 da revista presenta interesantes achegas que reelaboran a historia desta disciplina xa non tan nova: desde a análise contemporánea se fai unha lectura do que ten acontecido para vislumbrar os posibles camiños de cara a acción.

Se desexa recibir máis información sobre a revista e a súa subscrición pode poñerse en contacto co Centro de Documentación do CEIDA.