Campaña prevención de especies invasoras | CEIDA

Campaña prevención de especies invasoras

CAMPAÑA DE PREVENCIÓN E CONTROL DAS ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS NAS RESERVAS DA BIOSFERA DE GALICIA

Co apoio da
Fundación Biodiversidad, do Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente

Presentación do proxecto
As especies exóticas invasoras están consideradas na actualidade a segunda causa de perda de biodiversidade a nivel mundial, tras a perda e fragmentación dos hábitat. Froito do actual e crecente proceso de globalización, o elevado tráfico (naval e terrestre, fundamentalmente) entre distintos países e continentes ten contribuído a aumentar de maneira significativa o fluxo de flora e fauna ao longo do planeta.

No ámbito das Reservas da Biosfera galegas tamén está presente esta problemática, ameazando en ocasións a conservación da biodiversidade existente nestas áreas e con especial importancia nos espazos naturais protexidos que configuran a súas zonas núcleo. Adquire especial relevancia a flora exótica invasora vinculada a ambientes costeiros, xeralmente de elevada fraxilidade e cuxas especiais características ambientais facilitan a presenza de hábitats e especies de elevado interese que se poden ver afectados pola propagación de flora especialista.

A Campaña de Prevención e Control das Especies Exóticas Invasoras nas Reservas da Biosfera de Galicia contempla a realización dun Seminario formativo sobre exemplos en prevención e erradicación de especies invasoras, un programa de voluntariado para a erradicación destas especies e un Programa de participación dos centros educativos do territorio das Reservas de Biosfera de Galicia.

Documentos

  • Presentación da campaña
  • Actividade didáctica 'No seu lugar' para centros educativos:
  • Temporalización da actividade
    Guía do profesorado (fichas)
    Xogo fichas alumnando
    Enquisa de avalación