Revista AmbientalMente Sustentable | CEIDA

Revista AmbientalMente Sustentable

AmbientalMENTEsustentable é unha publicación semestral de ciencias sociais, ciencias da natureza, ciencias da saúde, ciencias químicas, enxeñaría informática e ciencias físicas e matemáticas editada polo Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA)

Os obxectivos da revista son: divulgar as achegas de carácter científico que desde as distintas áreas do coñecemento se están a facer no ámbito da educación ambiental, abordar temas socioambientais de actualidade e presentar propostas anovadoras en que se una investigación e acción, reflexión teórica e xestión.

Consulta e descarga dos números publicados

A revista admite colaboracións en calquera idioma, mais serán publicadas en galego ou portugués.

Máis información sobre esta publicación e subscricións no Centro de Documentación do CEIDA