• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Áreas Mariñas Protexidas

Vostede está aquí

Exposicion Areas Mariñas Protexidas CEIDA
Produce

CEIDA, Fundació Territori i Paisatge 

Colabora

Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia

Características da exposición
  • 23 paneis 100 cm ancho x 200 cm alto con soportes propios (medidas largo x ancho x alto)
  • Audiovisual “Áreas Mariñas Protexidas” Duración: 19 minutos.
Descrición

Durante séculos os seres humanos vimos servíndonos sen miramentos dos recursos que o mar nos ofrece, tanto extraendo alimentos e materiais como aproveitándonos do seu "ilimitado" poder de asimilación de residuos (vertidos, mareas negras, productos químicos, etc.). Ao principio a degradación das augas foi lenta e silenciosa. Hoxe alcanzou unha magnitude alarmante. Nos últimos anos unha gran variedade de acordos a escala internacional veñen recoñecendo a necesidade de protexer os ecosistemas mariños. Na actualidade as Áreas Mariñas Protexidas (AMPs) son unha das principais ferramentas de xestión das pesqueiras, ao que se engade a súa importancia na conservación da biodiversidade.

Ir á páxina da exposición

Paneis

Panel 1. Áreas Mariñas Protexidas     Panel 2. A última fronteira é a máis profunda     Panel 3. Un mar de recursos I. Recursos ecolóxicos     Panel 4. Un mar de recursos II. Recursos recreativos     Panel 5. Un mar de recursos III. Recursos económicos     Panel 6. Os caladoiros de peixe están sobreexplotados     Panel 7. Un par de problemas I     Panel 8. Un par de problemas II

Panel 9. Un modelo de pesca sostible require novas estratexias     Panel 10. A pesca artesanal pode ser a solución     Panel 11. A pesca en Galicia I     Panel 12. A pesca en Galicia II     Panel 13. Sostibilidade: tamén clave na pesca     Panel 14. As áreas mariñas protexidas. Protexer para conservar     Panel 15. Criterios para protexer o mar     Panel 16. As áreas mariñas protexidas ofrecen moitas vantaxes

Panel 17. Son moitos os beneficios das áreas mariñas protexidas para a xestión pesqueira e as pesqueirías     Panel 18. Precisamos dunha visión global, do mar e dos continentes     Panel 19. O mar precisa de leis da protección     Panel 20. O mar mellora grazas ás áreas mariñas protexidas     Panel 21. A Galicia submarina é moi diversa     Panel 22. O Parque Nacional das Illas Atlánticas     Panel 23. A área mariña protexida dos Miñarzos, en Lira     Panel 24. Que pode facer calquera de nós?

Condicións de préstamo
  • Préstamo gratuito.
  • Portes de transporte, carga e montaxe a cargo da entidade solicitante. 
  • Período de préstamo: 3 semanas (incluídos os días de traslado).

* Consulta as  condicións   completas para a cesión temporal da exposición.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio