Olladas Atlánticas

Usted está aquí

Exposicion Olladas Atlanticas Carlos Botana CEIDA
Fecha
De Viernes, 7 Agosto, 2015 hasta Lunes, 31 Agosto, 2015
Lugar

Salas de Exposicións do Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Autor/es

Carlos Botana, Manuel Nietto, Nando Pereiro e Nolo Suárez

Contenidos

Mostra de pintura e escultura
Catro maneiras diferentes de representar o Atlántico

Descripción

Baixo o título de Olladas Atlánticas reúnense catro formas diferentes de entender a arte, a pintura e a escultura. Esta exposición ten de común o tema do mar. O mar pero o Atlántico, este mar tan noso, tan galego. O mar é un tema recurrente na pintura de todos os tempos, constátase como milleiros de artistas pertencentes a distintas épocas e distintos países que abordaron plásticamente este sempre admirado tema, abranguendo, por unha parte as distintas técnicas que se foron aplicando acorde cos tempos, por outra os xeitos de contar historias a través dun enfoque persoal, unhas veces coma se fose un mar terrible cheo de monstruos, de misterios, de olas enfurecidas come barcos e come homes, que parecen empuxalos a irse a pique, e noutros casos como un remanso de paz con preciosos solpores e esplendorosas paisaxes cheas de fermosísimas naves que surcan a mar ata o infindo, ou tamén ensínannos como se vai perfilando a paisaxe polo bordo da costa entre a terra e o mar, marcando unha fronteira natural chea de sal e de escuma. Outras veces móstrannos todo o que está ao seu arredor, coma no cadro “ Aínda din que o peixe e caro”, de Sorolla con ese ambiente tan denso e eses verdes tan especiais, por outra banda os homes e as mulleres vendendo as pezas recen extraídas, as caracolas e cunchas que adornaban as casas dos ricos, as redes interrompendo o paso polos peiraos, as dornas recen pintadas etc. O mar é un tema que sempre deu para moito e co cal é moi difícil non sentirse identificado nalgún momento.

Para esta ocasión xuntáronse Carlos Botana, Manuel Nietto, Nando Pereiro e Nolo Suárez. Os catro con cadanseu xeito de facer a plástica e desde puntos de partida diferentes, pero así mesmo cun obxectivo común: cativar a ollada do visitante, tratar que o espectador desfrute coa mesma paixón coa que foron concibidas e realizadas esas obras imbuidas de elementos mariños, mariños atlánticos.

Carlos Botana

Carlos Botana un pintor puro, de raza, meticuloso e gran compositor. Os seus lenzos abarcan composicións que a primeira vista poden semellar complexas e difíciles de seguir, pero logo remiradas con calma denotan o bo gusto pola composición, a plasticidade, o agradable do tratamento plástico e a contundencia dos obxectos que protagonizan as súas obras. A grandes rasgos vista resulta moi agradable, séntese a presenza do contorno mariño e un encontrase nun contorno coñecido e amigable con contidos onde a presenza do mar é absolutamente protagonista. Todos os obxetos representados están en completa interrelacion e dialogando entre eles dentro do espazo que o autor define.

Manuel Nietto

Manuel Nietto, un pintor creador de sensacions, na busca de colores harmónicos e de tonalidades imposibles. Cadros feitos con pinceladas finas, entrelazadas unhas coas outras, cheas de beleza e que catan esas sensacions que se presentan so nun momento moi curto e moi de vez en cando. Son as luces dun momento especial, despois da chuvia, antes do solpor, ao amencer, cando o vento empeza a soplar ainda sen atreverse de todo. Coa pretensión de revivir ese momento tan especial que brinda a ollada ao mar, esa mirada que todos conservamos na retina pero que en realidade durou moi pouquiño tempo, da que casi nin nos lembramos, se ben foi moi intensa e gozosa.

Nando Pereiro

Nando Pereiro escultor de fondo, creador de ilusions, artista de visións portadoras de gracia, encanto e esperanza. Nas súas obras apreciase o gusto polo traballo ben feito, nas súas buscas aparecen as pezas como dialogando coa sua forma e o autor, o cal por medio dese dialogo lento e pausado vai descubrindo a mensaxe que a materia encerra dentro e configúrase en descubridor desa mensaxe latente. Enfoca o traballo cunha linguaxe moi persoal que lle transmite a inspiración necesaria, para ir valeirando o material sobrante e quedarse cunha obra limpa, chea de dozura e paixón. Antes de porse a traballar a súa mente xa veu o ser que está encerrado dentro e que o está chamando a cotío loitando por sair á luz. É así como xorden eses peixes suaves e alongados, esas formas redondas e ben perfiladas. O gusto pola forma ben feita e a paixón son as notas diferenciais deste autor.

Nolo Suárez

Nolo Suárez pintor intenso, traballador , posuidor dun mundo persoal, íntimo e solitario, que alonxado de sombras e luces e cercado polas suas propias ilusions, acada unha abstracción única. Nalgunhas obras transmítenos un reflexo vital de todas esas preocupacions diarias das que se fai eco, deses gritos contidos, da impotencia que o agobia. Noutras ocasións festexa a alegría de vivir ou simplemente reflicte o cantar da auga co seu ben acompasado son. El consegue desenvolver con maestría os profundos abismos ou as misteriosas paisaxes repletas de fermosas transparencias, con pinceladas vitais cheas de tons fríos, como na súa Galicia natal, con estelas agora alegres, agora tristes, que nos mostra cun trazo potente e enérxico onde se delata o seu amor por la vida.

Visitas

Horario

  • Luns a venres, de 10 a 14 h./ de 17 a 20 h.
  • Sábados de 11 a 14 h.

 

Entrada

  • De balde

 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Logo Ceida

Centro de Extensión Universitaria y Divulgación Ambiental de Galicia- promueve la educación ambiental en todos los sectores sociales, así como el intercambio científico y cultural, trabajando en la búsqueda de soluciones a los problemas ambientales y fomentando las buenas prácticas en este sentido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio