• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

Diálogos Internacionais Humboldt: os retos ambientais á luz das súas contribucións

Vostede está aquí

Diálogos Internacionais Humboldt: os retos ambientais á luz das súas contribucións
Prazas limitadas
Data
xoves, 5 Xuño, 2025
Horario

10-14 h.

Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza
  • CEIDA
  • Autoridade Portuaria da Coruña
Obxectivos
  • Dar a coñecer a figura de Humboldt como un dos naturalistas máis importantes dos séculos XVIII – XIX.
  • Definir a súa figura como clave para a cidade da Coruña, en base á súa aventura científica.
  • Reforzar a importancia das ciencias naturais como elemento clave do século XXI.
  • Poñer en valor a súa relevancia como exemplo de cara á conservación do noso patrimonio natural.
  • Fomentar a reflexión sobre o estado actual do medio ambiente na nosa contorna.
  • Favorecer o intercambio e a colaboración entre persoas, entidades e institucións.
  • Orientar ó intercambio científico e cultural.
Dirixido a

Todos os públicos.

Programa

10.00 h.- Inauguración das xornadas:

  • D. Martín Fernández Prado, Presidente da Autoridade Portuaria da Coruña.
  • D. Carlos Vales Vázquez, Director do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).
  • D. Xosé A. Fraga Vázquez, Historiador e Divulgador da Ciencia.

10.30 h.- BLOQUE I: COÑECENDO A HUMBOLDT:

  • Alexander von Humboldt e Francisco José de Caldas “el gallego”: un encontro afortunado para a bioxeografía americana. D. Alberto Gómez Gutiérrez, Vicepresidente da Academia Colombiana de Historia e Membro Numerario da Academia Colombiana de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales (Colombia).
  • A relación de Humboldt coa Comunidade Científica hispana. D. Miguel Ángel Puig-Samper, Profesor de Investigación do Instituto de Historia do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC)- España.

12.00 h.- Pausa.

12.30 h.- BLOQUE II: RETOS AMBIENTAIS:

  • Cara a un mundo máis sostible. D. Rodrigo Lozano Ros, Investigador en materia de Desenvolvemento Sostible na Universidad TU Dresden (Alemania), Central University of Technology (Sudáfrica) e Vienna University of Economics and Business (Austria).
  • Solucións baseadas en saberes, ciencia e natureza: claves para forxar un futuro sostible. D. Mauricio Diazgranados Cadelo, Director Científico do Xardín Botánico de Nova York- USA.
Inscrición
  • Inscrición gratuíta.
  • Prazas limitadas.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio