• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

CEIDA

Vostede está aquí

O CEIDA -Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociales, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido. É froito dun convenio de colaboración entre a  Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio   da Xunta de Galicia, a  Universidade da Coruña   e o  Concello de Oleiros   para coordinar, dinamizar e promover a Educación Ambiental en Galicia.

Castelo Santa Cruz Sede CEIDA

Obxectivos
  • Favorecer, como centro de referencia, a colaboración entre os demáis equipamentos para a educación ambiental (aulas da natureza, granxas escola, centro de visitantes, parques etnográficos e arqueolóxicos, ...).
  • Proporcionar, como centro de formación, os medios axeitados para a capacitación de técnicos en medio ambiente, do profesorado e doutros grupos sociais interesados pola educación ambiental.
  • Mostrar, como centro de interpretación, a interacción dos diversos elementos que interactúan sobre a natureza para propiciar a utilización racional dos recursos cara un uso sustentábel.
  • Facilitar, a través do centro de documentación, a difusión de todo tipo de material formativo, educativo e divulgativo relacionado co Medio Ambiente e Educación Ambiental.
  • Fomentar, como centro de divulgación, o coñecemento dos valores e dos problemas ambientais actuais, co fin de sensibilizar e xerar unha conciencia crítica.
Áreas de traballo

O CEIDA conta con catro áreas principais de traballo: educación e divulgación, formación e capacitación, cooperación, e o centro de documentación ambiental "Domingo Quiroga".

O CEIDA promove a formación e capacitación ambiental, tentando respostar ás necesidades de profesionais e xestores así como a demanda de coñecemento da cidadanía cada vez mais preocupada pola protección do noso medio. Organiza cursos, congresos e seminarios de formación inicial ou continua centrados principalmente en conservación e educación ambiental. Pode obter máis información sobre a área de Formación  aquí.

O CEIDA desenvolve programas anuais de educación ambiental, dirixidos tanto á comunidade educativa como a outros colectivos. Complementa a súa oferta divulgativa coa produción de exposicións monográficas itinerantes, conferencias e a elaboración de publicacións de carácter científico ou técnico. Así mesmo o centro acolle ao longo do ano diversas exposicións nas salas destinadas para ese fin. Actúa tamén como punto de encontro e de cooperación entre as diferentes administracións, colectivos e axentes que traballan pola sustentabilidade dende cadansúas competencias e enfoques, aplicando a participación como un proceso e praxe necesaria para a procura de solucións aos problemas ambientais. Podes obter máis información sobre a área de Educación e Divulgación  aquí.

Mediante a cooperación internacional, o CEIDA achega aos gobernos e á sociedade civil doutros territorios a experiencia e os recursos precisos para desenvolver procesos positivos no eido socioambiental. Entre as actuacións desenvolvidas destaca a colaboración con axentes ambientais, gobernamentais e sociedade civil para compartir metodoloxías, trazar estratexias e traballar en rede. Máis información dos proxectos desenvolvidos  aquí

Oferta a todos os interesados un servizo de procura e acceso á máis recente información sobre a realidade ambiental a través de monografías, publicacións periódicas, recursos audiovisuais e electrónicos, cartografía, etc. O seu catálogo bibliográfico, único en Galicia, está especializado en Educación Ambiental, Conservación e Sustentabilidade. Podes obter máis información sobre o Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga aquí.

Áreas temáticas

Os ámbitos de traballo nos que o CEIDA desenvolve a súa actividade abranguen as seguintes áreas temáticas:

  • Auga
  • Cambio climático
  • Conservación e espazos naturais protexidos
  • Cooperación
  • Educación ambiental e Interpretación do Patrimonio
  • Forestal
  • Participación e comunicación
  • Medio mariño e litoral
  • Turismo
  • Xestión ambiental municipal
A nosa sede

O CEIDA ten a súa sede no Castelo de Santa Cruz do Concello de Oleiros (A Coruña), enclavado nun illote da ría da Coruña ao cal se accede por unha pasarela peonil de madeira. Foi declarado Ben de Interese Cultural polo seu alto interese histórico, o que xunto a súa beleza natural e paisaxística, fan deste lugar unha paraxe extraordinaria chea de maxia e historia. Coñece a súa  historia
 

Visitas ao CEIDA

Co fin de dar a coñecer o proxecto CEIDA, o equipo de educadores abre as portas a todos aqueles centros educativos ou colectivos interesados en coñecer as instalacións e a oferta de actividades que a entidade desenvolve. O obxectivo da visita é mostrar o funcionamento dun centro de refencia en educación ambiental, as súas liñas de traballo e o seu programa educativo dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Datas: durante todo o ano.
  • Duración da actividade: 1 hora e media
  • Número de participantes:
    • Mínimo: 10
    • Máximo: 25
  • Custe: 1 € / participante

Máis información: educacion@ceida.org - 981 630 618

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas