A Real Academia Galega de Ciencias e a Deputación da Coruña promoven unha nova edición do Ciclo Avances, en colaboración co proxecto Oceans+ do CSIC, o Sistema de Observación Costero de las Illes Balears (SOCIB), a Universidade de Santiago e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA). Céntrase nalgúns dos principais desafíos que marcan a nosa relación como sociedade co mar, abordando catro aspectos clave para Galicia:
Explórase desde o emprego das novas tecnoloxías para o estudo do mar como a teledetección ou os drons, a emerxencia climática, os principais retos no uso sostible do espazo mariño -en particular o potencial da eólica mariña-, ata a relevancia das rías como sustento alimentario, entre outros aspectos.
Acceder ao > programa completo
Formulario de > inscrición
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org