A nosa biblioteca e centro de documentación ambiental acolle na súa sede, as antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora, a exposición ‘O Observatorio', da artista oleirense Alo , unha colección de obras realizadas en acuarela que recolle algunhas das súas observacións no medio natural e saídas de campo. A mostra poderá visitarse na pranta baixa da biblioteca do 1 de xullo ao 30 de setembro.
A exposición e a artista
Alicia Pacheco, coñecida artísticamente como “Alo” é acuarelista autodidacta. Descubriu a súa profesión a través da exploración, que é exactamente o que fai cando está en contacto pleno coa natureza, de aí que rematase vinculando as súas dúas pasións na ilustración naturalista. Desde sempre sentiouse atraída por todas as formas da natureza, animais, plantas, froitos, rochas… e adica todo e tempo que pode a observalas. Este tipo de ilustración permítelle e, á vez obrígaa, a deterse nos detalles, a examinar cada milímetro.
Unha das sensacións que máis disfruta xurde cando vai a un observatorio de aves. Cando non molesta. Só mira, escoita, anota. Nese momento entra a formar parte dun estado de vida salvaxe sen alterar nada. É así como lle gustaría que vos sentírades nesta pequena exposición, que poidades observar de cerca estas pequenas mostras, sen présa. E se saídes dela descrubrindo algo novo dun ser que xa coñecíades ou quizáis con curiosidade por saber máis sobre algún deles, todo isto xa ten sentido.
Non se protexe o que non se coñece e aquí vai o pequeno grao de area de Alo. Benvidos/as ao seu Observatorio.
Horario de visita
A exposición 'O Observatorio' pode visitarse no seguinte horario (agás festivos):
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org