A nosa biblioteca e centro de documentación ambiental organiza un novo 'Ecomenú literario', actividade de lectura en voz alta para achegarse á natureza dunha forma diferente, a través da literatura. A cita terá lugar o vindeiro sábado, 6 de setembro, ás 12 horas, no xardín do Pazo de Lóngora.
O Ecomenú Literario é un espazo para a lectura, o diálogo e a reflexión colectiva. Está dirixido a público adulto e os/as comensais gozarán dun menú preparado para reconectar coa natureza e as palabras. A actividade foi estreada no ano 2021 como experiencia piloto, mais debido á magnífica acollida, incorporouse ao programa anual de actividades da entidade.
As prazas son limitadas! Pode reservar praza no teléfono 981 630 618 ou a través do seguinte formulario:
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org