• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

Nova edición do Clube de Lecturas Verdes Clorofila

Vostede está aquí

Nova edición do Clube de Lecturas Verdes Clorofila

Nova edición do Clube de Lecturas Verdes Clorofila

Prazas limitadas

A nosa biblioteca e centro de documentación ambiental acaba de abrir o prazo de inscrición para a  nova edición do Clube de Lecturas Verdes CLOROFILA.  Xa sexa dende a narrativa ou do ensaio, este clube pretende dar a coñecer obras de temática ambiental para explorar o mundo que nos rodea, creando un espazo para a conversa e o intercambio de ideas, unha chamada a acción a través da lectura. 

As tertulias terán lugar unha vez ao mes (mércores) desde outubro de 2025 a xuño de 2026, e a inscrición realizarase para toda a tempada, tendo en conta que a asistencia é IMPRESCINDIBLE para sacar o máximo proveito ao clube.

Esta nova edición comezará coa novela  Cordillera,  da escritora e poeta  Marta del Riego  (Editorial AdN), e a primeira reunión terá lugar o  mércores 15 de outubro ás 19 horas  nas antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora.

CLOROFILA forma parte do clube de lecturas verdes da Red de Centros de Información e Documentación Ambiental (RECIDA), por iso a maior parte dos títulos están escritos en castelán. Non obstante, tamén trataremos obras en galego.

As prazas son limitadas, e a inscrición pode realizarse a través do seguinte formulario: 

https://www.ceida.org/gl/formulario-confirmacion-de-asistencia-centro-de-documentacion

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio