A punta da Estaca de Bares está considerada un dos mellores puntos de Europa para a observación de aves mariñas e é un espazo chave no Corredor Migratorio Galaico-Cantábrico Occidental, integrado na Rede Natura 2000. Debido á súa importancia para o coñecemento e a conservación da biodiversidade, o CEIDA ven desenvolvendo dende 2021 un programa de seguimento científico neste espazo, ao abeiro de diversos proxectos como ARTABRO2, ARTABRO3 ou NORAVES
Froito do ánimo por impulsar a divulgación da importancia deste espazo natural e a continuidade do seu seguimento científico, en 2025 nace Alas Océanicas, produto da colaboración entre o CEIDA, SEO/BirdLife e o concello de Mañón, responsable da xestión da Estación Ornitolóxica de Estaca de Bares.
Únete ao programa de voluntariado Alas Oceánicas, coordinado por SEO/BirdLife, para ser parte do seguimento de aves mariñas en Estaca de Bares.
Podes atopar toda a información sobre o voluntariado e o proceso de inscrición nesta ligazón: https://seo.org/voluntariado/voluntariado-alas-oceanicas/
Informe resultados 2025: https://seo.org/wp-content/uploads/2026/05/ALAS-OCEANICAS-INFORME-1-2025.pdf
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org