• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

Exposición «O que vexo» de Mavi Lezcano González na Biblioteca Verde

Vostede está aquí

Exposición «O que vexo» de Mavi Lezcano González na Biblioteca Verde

Exposición «O que vexo» de Mavi Lezcano González na Biblioteca Verde

14 de setembro - 30 de outubro

A Biblioteca Verde do CEIDA acolle a exposición   «O que vexo»,  da artista ourensá   Mavi Lezcano González,  unha mostra composta por arredor de dez obras de pequeno formato realizadas en pintura acrílica.

Nelas, a artista achega a súa particular ollada sobre a contorna que a rodea, tomando como fonte de inspiración a natureza, o mar, a paisaxe e os pequenos recunchos e detalles da vida cotiá que espertan a súa atención. A través da pintura, Mavi Lezcano procura compartir esa forma persoal de observar, interpretar e representar lo que ve.

     

Sobre o artista

Mavi Lezcano González   (Ourense, 1968) pinta desde nena e foi construíndo a súa mirada artística ao longo dos anos, tanto a través dos seus estudos de Historia da Arte como da aprendizaxe xunto a diferentes pintores e pintoras, entre eles Segura Torrella, Montserrat Juárez, Charo Santiago e Xavier Muíños.

Ao longo da súa traxectoria participou en diversos certames artísticos, nos que a súa obra foi premiada e seleccionada, así como en exposicións individuais e colectivas celebradas en distintos espazos de Galicia.

Horario de visita

«O que vexo» poderá visitarse na Biblioteca Verde do CEIDA  no seguinte   horario

  • Luns: de 10 a 14 h. e de 16 a 19 h.
  • Martes a vernes: de 9  a 14 h.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
[email protected]

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio