A Biblioteca Verde acolle a exposición «Verbas», da artista galega Ehlaba Carballo de Dios, unha mostra na que a artista reflexiona sobre o poder transformador e espiritual das palabras a través de 18 pinturas que combinan símbolos da natureza, como a árbore e o círculo, para expresar a conexión entre o ser humano, a vida e o universo.
Verbas. Palabras.
A importancia das Palabras. Palabras menciñeiras.
Palabras transformadoras. Palabras creadoras. Palabras que dan vida.
Palabras que poden matar.
A importancia das Palabras.
Cada instante pronunciamos, escoitamos, lemos centos de palabras.
A frase «Señor, non son digno de que entres na miña casa, pero unha palabra túa bastará para sandarme» atópase na Biblia no Evanxeo de Santo Mateo, capítulo 8, versículos 5 ao 13.
Verbas é unha serie de dezaoito obras en óleo sobre tea de 30 x 30 cm cada unha que Ehlaba creou expresamente para a Biblioteca verde do CEIDA, un espazo cheo de Luz e Palabras.
En cada cadro figura a palabra Verbas que dá nome á serie e outra palabra que dá título á obra. Está presente tamén a imaxe da árbore e o círculo, símbolos arquetípicos constantes nas obras de Ehlaba cos que quere mostrar a evolución física e espiritual do ser humano. O home-árbore coas súas ramas-raíces bebe do Eterno (Ein Sof, infinito) sendo unha canle para plasmar a súa sabedoría no planeta terra.
O círculo, símbolo do Todo, do Un (todos somos Un) iluminando o proceso co seu absoluto Amor e Sabedoría.

A artista
Ehlaba Carballo de Dios é unha artista plástica galega residente en Xunqueira de Espadanedo (Ourense). A súa obra céntrase principalmente na pintura ao óleo, a través da cal desenvolveu unha linguaxe visual propia, vinculado á natureza, á memoria e á expresión emocional. O seu traballo caracterízase por unha ollada sensible cara á contorna e as paisaxes interiores, construíndo un imaxinario onde o orgánico e o simbólico teñen un papel fundamental.
Ao longo da súa traxectoria realizou exposicións individuais e colectivas en galerías, museos e centros culturais, tanto en España como no ámbito internacional.
Participou en feiras de arte contemporánea como World Art Dubai, Arteando, Pura Arte Vigo ou Artexpo New York 2008 así como en diversos proxectos artísticos en colaboración con outros creadores, explorando o diálogo entre disciplinas.
Actualmente continúa desenvolvendo o seu traballo desde Galicia, mantendo unha produción constante e unha liña artística coherente, na que tradición, territorio e contemporaneidade entrelázanse.

Horario de visita
«Verbas» poderá visitarse na Biblioteca Verde do CEIDA no seguinte horario:
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org