• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

O Congreso Mundial de Parques: a Promesa de Sydney e os Retos para as Áreas Protexidas en España

Vostede está aquí

O Congreso Mundial de Parques: a Promesa de Sydney e os Retos para as Áreas Protexidas en España CEIDA
Data
luns, 18 Maio, 2015 a martes, 19 Maio, 2015
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

Comité Español da UICN, Centro de Cooperación del Mediterráneo de la UICN, Organismo Autónomo Parques Nacionales, Europarc-España, Xunta de Galicia, CEIDA

Colabora

Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, GDR Mariñas-Betanzos, FEDER

Dirixido a

Xestores de espazos naturais protexidos, responsables políticos e técnicos da Administración Pública, axentes de desenvolvemento local, axentes de cooperación, asociacións ecoloxistas, educadores ambientais, persoal investigador, estudantes, público xeral.

Descrición

Do 12 ao 19 de novembro de 2014 tivo lugar en Sydney (Australia) o Congreso Mundial de Parques, baixo o lema “Os Parques, a Xente e o Planeta: Inspirando Solucións”, en sintonía coa implementación do Programa da UICN 2013-2016. Durante a súa celebración se aprobaron documentos seminais como a Promesa de Sydney, presentáronse figuras de conservación como a Lista Verde de Áreas Protexidas e se avanzou nos novos produtos do coñecemento como a lista vermella de ecosistemas. Ademáis, o Congreso contou cun significativo protagonismo de representantes españois.
Estas xornadas pretenden contribuir a divulgar as cuestións máis relevantes presentadas no Congreso Mundial de Parques e a súa posible aplicación nas nosas Áreas Protexidas.

Visita pre-congreso á Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (17 de maio)

As xornadas inclúen unha visita a diferentes espazos naturais e culturais dentro da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. A visita terá lugar o 17 de maio e ten un custo de 7 € (a abonar o mesmo día da excursión) que inclúe guía durante toda a xornada e unha cata-degustación. O autobús será ofrecido pola Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”. Descargar programa visita

Esta actuación está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013, eixo 3, tema prioritario 55

Información adicional
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas