• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Curso Anual Xestión e Facilitación de Grupos: 2015-2016. 4ª edición

Vostede está aquí

Curso Anual Xestion e Facilitacion de Grupos 4 edicion CEIDA
Data
xoves, 1 Outubro, 2015 a xoves, 22 Decembro, 2016
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Colabora

Instituto Internacional de Facilitación e Cambio (IIFAC-E)

Dirixido a

Educadoras/es, facilitadoras/es, mediadoras/es, emprendedoras/es sociais, xestores, activistas sociais, animadores/as socioculturais, participantes de organizacións interesadas en mellorar o seu funcionamento grupal ou en como facilitar cambios positivos e satisfactorios nas súas organizacións, grupos e comunidades dunha forma participativa, innovadora e potenciando a diversidade.

Interésache se...

  • parte do teu tempo o pasas en grupos
  • traballas en equipo e/ou organizacións sociais
  • queres mellorar a participación na túa organizacion
  • queres aprender a xestionar os confitos grupais
  • queres explorar outros xeitos relacionarte contigo mesm@, co@s demáis e coa túa contorna
Imparte
  • César Fernández Pérez (Coordinador) IIFAC-E
  • Mireia Parera Puigdomènech. IIFAC-E
  • Eva Sánchez Díaz. DDX Spain
  • Conchi Piñeiro. IIFAC-E. Altekio Soc.
  • Anna Pujol Villarroya. IIFACE. DDX
Contidos
  • 9-11 outubro. Introdución aos procesos grupais. O rol do facilitador/a
  • 13-15 novembro. Gobernanza e toma de decisións.
  • 11-13 decembro. Creatividade, traballo en equipo e desenvolvemento de proxectos
  • 15-17 xaneiro. A comunicación como proceso de aprendizaxe grupal
  • 19-21 febreiro. Do individual ao colectivo. A xestión das emocións nos grupos
  • 1-3 abril. Resolución de conflitos. Habilidades e Metahabilidades para facilitar en equipos e organizacións
  • 6-8 maio. Traballar coa diversidade. Liderado e relacións de poder nos grupos
  • 10-12 xuño. Sabedoría e intelixencia colectiva. Ferramentas para fomentar a participación e a creatividade
Descrición

A facilitación é o conxunto de habilidades, técnicas e ferramentas para crear as condicións que permitan un desenvolvemento satisfactorio dos procesos grupais e persoais. Nun grupo non só temos reunións e tomas de decisións senon que hai outros espazos de participación igualmente importantes; a creatividade, a cohesión grupal e o espazo emocional do grupo e de resolución de conflitos. Cada un deles require de habilidades e técnicas diferentes para ser xestionado, asegurar o bo funcionamento do grupo e que a diversidade inherente a calquera grupo sume en vez de estar.

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas