• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

A comunicación como proceso de aprendizaxe grupal - Módulo 4 do Curso Anual de Xestión e Facilitación de Grupos

Vostede está aquí

Curso Basico Facilitacion CEIDA
Data
venres, 15 Xaneiro, 2016 a domingo, 17 Xaneiro, 2016
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Colabora

IFACEe

Dirixido a

Educadoras/es, facilitadoras/es, mediadoras/es, emprendedoras/es sociais, xestores, activistas sociais, animadores/as socioculturais, participantes de organizacións interesadas en mellorar o seu funcionamento grupal ou en como facilitar cambios positivos e satisfactorios nas súas organizacións, grupos e comunidades dunha forma participativa, innovadora e potenciando a diversidade.

Interésache se

  • parte do teu tempo o pasas en grupos
  • traballas en equipo e/ou organizacións sociais
  • queres mellorar a participación na túa organizacion
  • queres aprender a xestionar os confitos grupais
  • queres explorar outros xeitos relacionarte contigo mesm@, co@s demáis e coa túa contorna
Imparte

César Fernández. IIFAC-E

Descrición

A comunicación non é neutral e resulta unha ferramenta máis para a aprendizaxe e crecemento grupal. Neste módulo estudaranse os elementos que afectan á comunicación nun grupo, os tipos de comunicación e as barreiras da mesma. Veremos a importancia de entender os procesos de comunicación que se dan a nivel interno (comigo mesmo/a), con outras persoas e dentro do grupo, incluindo como expresar a recibir críticas. Entenderemos a importancia de escoitar os procesos de feedback e retroalimentación e como traballar cos mesmos dende o rol de facilitador/a.

Inscrición
  • Prezo de matrícula: 90 €
  • Prazas limitadas
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas