• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Fotografía de espazos naturais: Paisaxes da auga

Vostede está aquí

Curso fotografia de espazos naturais CEIDA
Data
sábado, 8 Abril, 2017
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros), Monumento Natural Costa de Dexo

Organiza

CEIDA

Obxectivos

Formar aos alumnos/as nas principais técnicas fotográficas e compositivas para abordar fotográficamente diferentes espazos naturais como as montañas e os bosques, entre outros, con especial atención ás paisaxes da auga: litoral, praias, ríos, humedais, fervenzas…

Dirixido a
  • Persoas con certos coñecementos de fotografía dixital con interese en sacarlle un maior partido á súa cámara fotográfica, reflex o compacta e, de maneira particular, na fotografía de territorios, espazos naturais e paisaxes.
  • Profesionais como empresarios turísticos, informadores, guías, monitores de natureza, axentes de desenvolvemento local, dinamizadores sociais, promotores de actividades culturais... ou estudantes de ciencias afíns.
Imparte

Javier Puertas é xeógrafo e fotógrafo de territorios e natureza, experto en espazos naturais e territorios rurais. É membro da Asociación Española de Fotografía de Naturaleza, onde é membro activo do “Comité de Conservación de la Naturaleza”. A súa obra ilustra boa parte da liña editorial de EUROPARC-España e publica en revistas como 'Foresta' e 'Quercus'. Conta con varias exposicións itinerantes artísticas e divulgativas: “Patrimonios verticales”, “El agua y sus paisajes”, “El bosque y sus paisajes”, “La Vera, una visión en blanco y negro” e “Luces africanas: Marruecos”.

Material necesario

Equipo fotográfico dixital, cámara reflex ou compacta, con controles manuais. Máis que recomendable: trípode.

Programa

SÁBADO MAÑÁ
9.30 h. a 10.00 h. Presentación do curso e participantes.

10.00 h. a 11.00 h. Bloque I. Técnicas fotográficas fundamentais:

  • Claves técnicas expositivas e efectos fotográficos principais: profundidade de campo vs aillar o motivo, e deter o tempo vs suxerir o movemento.

11.00 h. a 11.30 h. Descanso

11.30 h. a 12.30 h. Bloque II. Espazos naturais, territorios fotográficos:

  • Áreas de montaña. As altas montañas. Estribacións serranas.
  • Bosques e formacións arbóreas. Pastizais e matogueiras.
  • Chairas e espazos abertos: praderías, estepas, campiñas…
  • Desertos cálidos e desertos fríos (altas latitudes).
  • Paisaxes xeolóxicas e xeomorfolóxicas. Volcáns. Ramblas.
  • Paisaxes rurais vs paisaxes naturais.

12.30 h. a 14.30 h. Bloque III. Paisaxes da auga:

  • A auga e as súas paisaxes.
  • Paisaxes costeiros.
  • Lagos e humedais.
  • ervenzas.
  • Ríos e entornos fluviais.
  • Reflexos acuáticos.
  • Abstraccións naturais sobre a auga.
     

SÁBADO TARDE
16.30 h. a 19.30 h. Saída fotográfica ao Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes*
* O traslado desde a sede do CEIDA ao Monumento Natural corre por conta dos alumnos/as. Poderanse realizar varios exercicios fotográficos aplicando os recursos traballados na aula.

Inclúe

Separatas e selección bibliográfica e de recursos electrónicos. Diploma acreditativo.

Inscrición
  • 40 €
  • Prazas limitadas
     
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas