• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Posta en marcha da Rede de Reservas de Biosferas de Galicia e estratexia de comunicación, educación e participación pública

Vostede está aquí

Posta en marcha da Rede de Reservas de Biosferas de Galicia e estratexia de comunicación, educación e participación pública

 

  • Co apoio da

Fundación Biodiversidad, do Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente

  • Ano

2016-2017

  • Presentación do proxecto

​Galicia conta con seis Reservas de Biosfera que representan o 25% do territorio de toda a Comunidade Autónoma. Ademáis, unha delas é interautonómica (con Asturias) e outra internacional (con Portugal). Forman parte delas unha gran cantidade de espazos naturais protexidos pertencentes á Rede Natura 2000, incluíndo ZECs e ZEPAs, así como Monumentos Naturais e espazos protexidos por outras figuras de conservación internacionais (RAMSAR). 

O plantexamento inicial do proxecto era a creación dunha Rede de Reservas de Biosfera en Galicia co fin de fortalecer a xestión das propias Reservas e, en particular, das zonas núcleo. Durante o seu desenvolvemento, tiveron lugar diferentes reunións cos responsables políticos e técnicos das seis Reservas, onde se analizou a situación actual de cada unha delas, as súas carenciase problemas, así como as súas posibles aportacións á Rede. Ao mesmo tempo, todo o proxecto foi acompañado dun proceso de comunicación, educación e sensibilización pública, o que permitiu incrementar a visibilidade das Reservas da Biosfera e conseguir un maior apoio social ás mesmas, a través dos dinamizadores do territorio, a comunidade educativa e os propios órganos de participación das Reservas.

  • Actividades desenvolvidas
    • ​Xornadas técnicas con xerentes, responsables políticos e persoal técnico das Reservas da Biosfera. Desta reunión xurdiu o borrador de estatutos para a futura Rede de Reservas da Biosfera Galega.
    • Campaña de comunicación, educación e participación pública nas Reservas da Biosfera galegas. A campaña incluiu o deseño dun programa de educación ambiental para centros educativos e a edición dunha guía de recursos para o profesorado. Accede á  guía de recursos
    • Programa formativo para xerar un entorno de coñecemento no territorio. No programa desenvolvéronse cursos online de interpretación do patrimonio, cursos de fotografía e ilustración de natureza e xornadas de iniciación á ornitoloxía.
    • Programa de participación cidadá no marco das Reservas da Biosfera. Incluíu un Workshop para a diagnose da situación actual dos equipamentos ambientais nas Reservas da Biosfera e unha reunión de traballo para a dinamización e/o constitución dos órganos de participación das Reservas.
    • Campaña de comunicación.
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas