• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Illustraciencia5: Exposición da 5ª edición do Premio Internacional de Ilustración Científica e Naturalista Illustraciencia

Vostede está aquí

Ilustraciencia5: Exposición da 5ª edición do Premio Internacional de Ilustración Científica e Naturalista Ilustraciencia

Illustraciencia5: Exposición da 5ª edición do Premio Internacional de Ilustración Científica e Naturalista Illustraciencia

Sala de Exposicións do CEIDA

O vindeiro sábado, 3 de febreiro de 2018, a Sala de Exposicións do CEIDA acolle a mostra da quinta edición do Premio Internacional de ilustración   Illustraciencia , un certame que ten como obxectivo premiar e divulgar a importancia da ilustración científica. Consciente do papel transcendental xogado pola ilustración ao longo da historia,  Illustraciencia  sitúase como unha plataforma internacional para dar visibilidade aos profesionais que contribúen a achegar a ciencia e a natura á sociedade mediante esta disciplina. 

Nesta quinta edición do certame presentáronse un total de 449 propostas de ilustradores de máis de 30 países, sendo os máis representados España, Portugal, Colombia e México. Entre as máis de catrocentas propostas recibidas, o xurado profesional seleccionou as corenta obras que forman parte desta mostra itinerante.

Illustraciencia  permanecerá na pranta baixa do Castelo de Santa Cruz ata o vindeiro 28 de marzo de 2018.   Máis información

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio