• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Curso Online Básico de Interpretación do Patrimonio

Vostede está aquí

Curso Online Básico de Interpretación do Patrimonio
Prazas esgotadas!
Data
martes, 26 Febreiro, 2019 a domingo, 31 Marzo, 2019
Organiza

CEIDA

Colabora

Asociación para la Interpretación del Patrimonio (AIP)

Obxectivos

Proporcionar a formación básica a través da adquisición dos coñecementos, destrezas e atitudes necesarias para utilizar a Interpretación do Patrimonio como ferramenta de comunicación coa fin de entregar unha información temática, organizada, relevante e amena ao público que visita os espazos con valor patrimonial no seu tempo de lecer, e que fomente neles atitudes de aprezo e custodia polo patrimonio presentado.

Dirixido a

Todas as persoas que desexen iniciarse no coñecemento e no uso efectivo da disciplina da Interpretación do Patrimonio: xestores de uso público de espazos con interese patrimonial, persoas pertencentes ao ámbito do turismo, guías intérpretes, educadores ambientais, informadores turísticos, educadores en xeral (educación formal e non formal), etc. En definitiva, este curso está dirixido a aquelas persoas que desexen coñecer e empregar de forma eficaz a valiosa ferramenta de comunicación e de xestión que é a Interpretación do Patrimonio.

Imparte

Isabel Fernández, Toñi López

Contidos
  • Módulo 1 : Valorar os fundamentos teóricos da Interpretación do Patrimonio como base para o desenvolvemento da tarefa profesional.
  • Módulo 2 : Estruturar a comunicación en torno aos tres alicerces da IP: coñecemento do recurso, coñecemento da audiencia e coñecemento das técnicas interpretativas.
  • Módulo 3 : Formular ideas clave a transmitir en distintas intervencións interpretativas aplicando os principios metodolóxicos da disciplina.
  • Módulo 4 : Construir mensaxes concretas que xeneren conexións entre os valores do recurso patrimonial que se interpreta e os intereses do público destinatario.
  • Módulo 5 : Avaliar os aspectos básicos das intervencións interpretativas.
Idioma

O idioma dos materiais e recursos didácticos do curso están en galego e español, pero os exercicios e as comunicacións coas docentes, tamén poden realizarse en portugués.

Inscrición
  • 90 € (10 % de desconto para persoas asociadas á Asociación para a Interpretación do Patrimonio - AIP).
  • 100 € (para transferencias internacionais)
  • Prazas limitadas

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio