A interpretación, como metodoloxía para comunicar os valores e importancia do patrimonio, parte dun concepto metodolóxico básico: o “tema”, concepto que tende a presentar certas dificultades para a súa formulación e aplicación. A finalidade deste curso é expoñer e analizar os conceptos esenciais que fan desta disciplina unha metodoloxía idónea para conectar co público, poñendo énfase no deseño de medios expositivos. Revisaremos con detalle os conceptos de Tema e Relevancia para mellorar a efectividade das accións de mediación e posta en valor do patrimonio visitable.
AS PRAZAS PARA ESTA FORMACIÓN ESTÁN ESGOTADAS
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org