• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

III Xornadas online de Interpretación do Patrimonio 'Técnicas e Solucións Creativas para Comunicar a Xeoloxía ao Público Visitante'

Vostede está aquí

III Xornadas online de Interpretación do Patrimonio  'Técnicas e Solucións Creativas para Comunicar a Xeoloxía ao Público Visitante'
Prazas limitadas
Lugar

Actividade online (plataforma Zoom)

Organiza

CEIDA

Patrocina

Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Xunta de Galicia

Datas

19 e 26 de xuño

Horario

De 18 a 20 h. (España peninsular)

Coordina

Jorge Morales Miranda

DESCRICIÓN E OBXECTIVOS

“A interpretación efectiva é un proceso creativo de comunicación estratéxica que produce conexións intelectuais e emocionais entre o público visitante e o recurso que é interpretado, logrando que xere os seus propios significados sobre ese recurso, para que o aprecie e goce” (Morales e Ham, 2008). 

Segundo o Modelo TORA de Sam Ham, como referente metodolóxico para este tipo de comunicación, a interpretación debe ser:

  • Temática:  cunha idea principal interesante e novidosa.
  • Organizada:  cun guión simple e lóxico.
  • Relevante:  que se comprenda e resulte interesante de forma persoal.
  • Amena:  atractiva, entretida e agradable.

A práctica nesta disciplina require ademáis dun ingrediente moi especial para que esta funcione de maneira efectiva: a   creatividade

As técnicas para comunicar a Xeoloxía son a materia de atención destas III Xornadas de Interpretación, que teñen por obxectivo visibilizar algúns casos prácticos nos que se aplican estas solucións técnicas creativas e imaxinativas no exercicio da interpretación do patrimonio. As técnicas son ferramentas sutís, "trucos", para reforzar a idea principal, a organización de contidos, a conexión co público e/ou a amenidade. En Xeoloxía isto é especialmente necesario e indispensable.

Cada intérprete elixe as ferramentas que considera máis adecuadas para o seu traballo, algúnhas moi comúns (analoxía, comparacións, estratexia de preguntas, uso da imaxinación, etc.) ou solucións técnicas da súa propia "colleita" e invención. Haberá solucións creativas que contribúan a desenvolver aspectos concretos, tanto en percorridos guiados como en visitas non atendidas por persoal (carteis, exhibicións, etc.), por exemplo:

  • Para captar a atención do público.

  • Para manter a atención.

  • Técnicas de deseño gráfico que realcen a mensaxe.

  • Técnicas para traballar con grupos heteroxéneos (por exemplo, audiencia infantil e adulta ao mesmo tempo).

  • Técnicas para facer participar ao público.

  • Técnicas para estimular a imaxinación.

  • Técnicas para comprender escalas de tempo.

  • Etc.

As persoas que participan nestas III Xornadas, compartirán como fan (ou que suxiren) para comunicar a Xeoloxía ao público que non é especialista. Coñeceremos, por tanto, algúns casos nos que se aplican solucións creativas e imaxinativas na interpretación / comunicación do patrimonio xeolóxico.  

Programa

MÉRCORES, 19 DE XUÑO

18.00 h. Benvida ás III Xornadas.

18.05 h. Presentación das xornadas, Jorge Morales Miranda.

18.15 h. Ponencia inicial: A interpretación axuda a conectar a Xeoloxía co público non especializado. Juan Carlos Utiel. Técnico en Interpretación do Patrimonio e Turismo Rural  Medioambiental.

19.00 h. Ronda de preguntas sobre a ponencia inicial.

19.10 h. Caso 1: Interpretación do patrimonio xeolóxico en actividades de divulgación: xeolodías e xornadas de patrimonio. Enrique Díaz Martínez. Xeólogo, investigador en Instituto Geológico y Minero de España (IGME-CSIC)

19.30 h. Caso 2: Xeo Rutas, unha maneira diferente de ver a paisaxe. Francisco Canosa Martínez. Xeólogo e divulgador da Xeoloxía.

19.50 h. Ronda de preguntas sobre as exposicións de casos.

20.00 h. Finalización da primeira xornada.

MÉRCORES, 26 DE XUÑO

18.00 h. Caso 3. Algunhas claves para transmitir Xeoloxía. Olga López Guajardo. Xeóloga en Qeteo Patrimonio Cultural y Natural.

18.20 h. Caso 4. "Un volcán de cinco estrelas", un exemplo de ruta xeolóxica na que se fala de seres humanos. Jorge Ridao-Bouloumié. Xeólogo, consultor en xeoturimo e intérprete en Natures.

18.40 h. Caso 5. "Apadrina unha rocha": protagoniza a conservación e o seguemento do patrimonio xeolóxico español. Carolina Martínez Jaraíz. Xeóloga en IGME-CSIC. Comisión de Patrimonio Xeolóxico de SGE.

19.00 h. Ronda de preguntas sobre as exposicións de casos.

19.10 h. Caso 6. Gafas para ver Xeoloxía: materiais e ferramentas para chegar a todos os públicos. Nuria Sacristán Arroyo. Xeóloga da Asociación Geología de Segovia.

19.30 h. Caso 7. Deseño de materiais para comunicar a xeoloxía no campo. Luis Carcavilla Urquí. Xeólogo investigador en IGME-CSIC.

19.50 h. Ronda de preguntas sobre as exposicións de casos.

20.00 h. Finalización das xornadas.

Inscrición
  • Actividade gratuíta.
  • Prazas limitadas por rigurosa orde de inscrición.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio