• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

Pesca e aves mariñas, grandes aliadas: Noraves e outros proxectos colaborativos co sector pesqueiro para a redución de interaccións coa fauna mariña

Vostede está aquí

Pesca e aves mariñas, grandes aliadas: Noraves e outros proxectos colaborativos co sector pesqueiro para a redución de interaccións coa fauna mariña
Prazas limitadas
Data
xoves, 19 Febreiro, 2026
Horario

9.30 - 13.30 h.

Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros).

* A xornada será emitida en directo por YouTube, permitindo seguila de forma telemática.

Organiza
  • CEIDA
  • SEO/Birdlife
  • Centro Oceanográfico de A Coruña
  • Cory's
Patrocina

Acción gratuita cofinanciada polo FEMPA

Obxectivos

O proxecto NORAVES ten como finalidade avaliar a mortalidade accidental de aves mariñas asociada ás artes de pesca na Demarcación Mariña Noratlántica, prestando especial atención ás ZEPA mariñas, e propoñer medidas de mitigación e xestión para reducir o seu impacto. Para iso, analiza a actividade pesqueira, realiza seguimento das especies obxectivo e integra estes datos para identificar interaccións aves-pesca e áreas de solapamento. 

NORAVES destaca pola innovación metodolóxica, a participación do sector pesqueiro e a cooperación entre entidades públicas e privadas para xerar coñecemento útil para a conservación das aves mariñas. Os socios son CEIDA, SEO/BirdLife, o Centro Oceanográfico de A Coruña e Cory’s, e desenvólvese coa colaboración da Fundación Biodiversidad a través do Programa Pleamar, cofinanciado pola Unión Europea polo FEMPA. 

Esta xornada de presentación de resultados pretende dar a coñecer os resultados do proxecto NORAVES e, ao mesmo tempo, favorecer a creación de sinerxias con outros proxectos da mesma convocatoria que abordan temáticas afíns —como a mortalidade accidental e a interacción das aves mariñas e os cetáceos coa actividade pesqueira—, configurando unha xornada monográfica centrada nesta problemática, na que se presenten os resultados de distintos proxectos do Programa Pleamar.

Dirixido a

Público xeral con interese na conservación do medio mariño, nas áreas mariñas protexidas e na pesca sostible, entre outras cuestións relacionadas, facendo especial fincapé na participación de representantes do sector pesqueiro.

Programa

9.45-10.15 h. Inauguración:

  • Margarita Junza Falcón, representante da Fundación Biodiversidad.
  • Carlos Vales, Director-xerente do CEIDA.

10.15-12.00 h. PROXECTO NORAVES. Sergio París Gómez (CEIDA), Álvaro Barros López (CEIDA), Lucía Cañás Ferreiro (IEO-CSIC), Paulo Lago Barreiro (SEO/BirdLife), Clara Morey Rubio (CORY’S).

  • Que é NORAVES?
  • Análise espazo-temporal da actividade pesqueira e das aves mariñas.
  • Determinación do impacto da mortalidade accidental de aves mariñas.
  • Medidas de mitigación e rexistro da mortalidade.
  • Conclusións.

12.00-12.20 h. Pausa-café.

12.20 – 13.30 h. PROXECTOS COLABORATIVOS CO SECTOR PESQUEIRO PARA A REDUCIÓN DE INTERACCIÓNS E CAPTURA ACCIDENTAL DE FAUNA MARIÑA EN PERIGO, AMEAZADA E PROTEXIDA.

  • MARAVES. Aves e pescadores, aliados por un mar de biodiversidade. Paulo Lago Barreiro (SEO/BirdLife).
  • ECOCERCO. Utilización de dispositivos disuasorios acústicos multifrecuencia para minimizar as interaccións negativas entre cetáceos e a actividade pesqueira de cerco. Elisa García Sánchez (ARVI).
  • FAVOMAR III. Pescadores a favor do mar - Accións de capacitación e sensibilización pesqueira para mitigar o efecto das capturas accidentais de fauna mariña. Javier Lera Gracia (Fundación CRAM).
Inscrición
  • Actividade gratuita.
  • Imprescindible inscrición previa a través do formulario.

          

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio