Pazo de Mariñán, Bergondo (A Coruña)
Deputación da Coruña
Escola Galega da Paisaxe, CEIDA, Instituto de Estudos do Territorio; Colexio de Xeógrafos, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Asociación Española de Paisajistas, Asociação Portuguesa de Arquitectos Paisagistas, Asociación Española de Ingeniería del Paisaje
A Lei 7/2008, do 7 de xullo, de Protección da Paisaxe de Galicia recomenda a incorporación da paisaxe no seno dos procedementos de avaliación ambiental, incluso en aquelas intervencións non sometidas a estudio de impacto, e en concreto regula no seu artigo 11 a necesidade de elaborar Estudos de Impacto e Integración Paisaxística.
O obxectivo destes estudos (EIIP) é avanzar no coñecemento da paisaxe para introducir no territorio novas actuacións que, sendo necesarias para o desenvolvemento social e económico, respeten o carácter da paisaxe e o patrimonio natural e cultural.
Neste curso preséntanse estratexias e intervencións de referencia nacional e internacional e levarase a cabo o desenvolvemento dun caso práctico no obradoiro coa orientación dos expertos invitados aos grupos de traballo. Ao longo do taller exporase unha metodoloxía de estudo basada nos conceptos de multifuncionalidade e adaptabilidade. Ambos conceptos son similares ao de sostenibilidade, pero non sendo tan abstractos, permítennos elaborar propostas concretas de intervención e xestión da paisaxe que serán aplicadas no caso de estudo.
Entrada de balde
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org