• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

Xornada 'O novo regulamento da UE sobre a Restauración da Natureza de 2024: un diálogo interdisciplinar'

Vostede está aquí

Xornada 'O novo regulamento da UE sobre a Restauración da Natureza de 2024: un diálogo interdisciplinar'
Prazas limitadas
Data
xoves, 19 Xuño, 2025
Horario

9.30 - 14.00 h.

Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza
  • CEIDA
  • Grupo de Investigación Dereito Público Global (Observatorio do Litoral), Universidade da Coruña.
Obxectivos
  • Dar a coñecer o novo Regulamento 2024/1991 da Unión Europea relativo á restauración da Natureza.
  • Realizar unha análise interdisciplinar da man de expertos científicos e técnicos de diferentes ámbitos.
  • Facer un balance previo dos retos e problemas técnicos que supón o novo Regulamento Europeo de Restauración.
Dirixido a
  • Representantes electos e técnicos das Administracións Públicas con competencias en materia de restauración ambiental.
  • Investigadores vinculados á restauración ambiental.
  • Entidades de defensa ambiental e desenvolvemento local.
  • Público xeral interesado.
Programa

09.30 h.- Presentación e inauguración:

  • Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
  • D. Carlos Vales Vázquez, Director do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).
  • D. Francisco Javier Sanz Larruga, Director do Observatorio do Litoral da Universidade da Coruña (UDC) e Director da Xornada.

10.00 h.- 1ª MESA REDONDA: A perspectiva xurídica do Regulamento de Restauración da Natureza: precedentes, contexto e contido:

  • D. Francisco Javier Sanz Larruga, Catedrático de Dereito Administrativo (UDC).
  • D. José Pernas García, Profesor Titular de Dereito Administrativo (UDC).
  • Dna. Jennifer Sánchez González, Profesor a de Dereito Administrativo (UDC).

11.00 h.- 2ª MESA REDONDA: A fundamentación científica e técnica do Regulamento de Restauración:

  • D. Pablo Ramil Rego, Director do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) e Profesor Titular de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
  • D. Jaime Fagúndez Díaz, Profesor Titular de Botánica (UDC).
  • D. Francisco Alberto Varela García, Profesor de Enxeñería Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría (UDC).

12.00 h.- Descanso.

12.30 h.- 3ª MESA REDONDA: A repercusión socioeconómica do Regulamento de Restauración da Natureza:

  • D. Serafín González Prieto, Presidente da Sociedade Galega de Historia Natural e investigador científico do CSIC adscrito ao Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia.
  • D. Óscar Rivas, Secretario da Asociación Galega de Custodia do Territorio.
  • D. Pedro Calaza Martínez, Director da Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega.
  • D. Jaime Laso Riesco, Técnico da Área de Medio Ambiente da Estratexia de Infraestrutura Verde e Biodiversidade do Concello de Salamanca.

14.00 h.- Clausura da xornada.

Inscrición
  • Actividade gratuíta.
  • Prazas limitadas.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio